Blaps é un xénero de coleópteros da familia Tenebrionidae, coñecido popularmente como carroucha. O xénero estableceuno Johan Christian Fabricius en 1775 e constitúe un dos grupos con maior diversidade específica da subtribo Blaptina. A súa distribución é principalmente paleártica e abrangue unha ampla parte de Europa, o norte de África e Asia.

Descrición

As especies de Blaps son, en xeral, coleópteros de tamaño medio ou grande, cun corpo robusto e alongado. A coloración adoita ser negra e a superficie corporal pode presentar diferentes graos de brillo. A cabeza é relativamente pequena en relación co tórax, o pronoto presenta unha morfoloxía variable segundo as especies e os élitros son habitualmente alongados e poden presentar diversas formas de escultura, estrías e modificacións no extremo posterior. A morfoloxía dos élitros, do pronoto e do extremo abdominal desempeña un papel importante na identificación das especiespero as revisións modernas combinan estes datos con información molecular, especialmente secuencias do xene mitocondrial COI. As súas antenas filiformes constan de 11 artellos e engrósanse lixeiramente cara ao extremo, co terceiro artello moi longo. As súas patas son longas e delgadas, especialmente os tarsos, que teñen unha fórmula de 5-5-4 artellos, característica da superfamilia dos tenebriónidos, o que significa que o tarso posterior consta de só catro artellos. No extremo da tibia anterior atópanse dúas espiñas terminais.

Bioloxía e ecoloxía miniatura|Blaps polychresta, especie nativa de Exipto, ten o seu hábitat en zonas áridas As especies de Blaps son principalmente nocturnas, durante o día permanecen agochadas baixo pedras, restos vexetais, fisuras do solo ou refuxios modificados pola actividade humana. Algunhas especies están estreitamente relacionadas con ambientes secos e presentan adaptacións á vida en condicións de aridez, ocupando ambientes secos e abertos, zonas pedregosas ou rexións esteparias da súa zona de distribución. Outras ocupan ambientes humanizados, incluídos edificios, adegas, cortes, almacéns e ruínas. A alimentación é predominantemente detritívora e oportunista, poden aproveitar materia orgánica vexetal en descomposición, restos animais e outros recursos dispoñibles no medio.

Distribución

Blaps presenta unha distribución predominantemente paleártica. Estímase que o xénero xurdiu na península arábica e no nordés de África hai 28 millóns de anos e que a súa difusión cara ao norte e o oeste (Europa e Asia) foi progresiva . A súa área de distribución inclúe Siberia , O Xapón e mesmo o sur da Chinamais, malia existiren especies da tribo Blaptini, o xénero quedou no límite sur da rexión paleártica, sen chegar a rexións claramente tropicais como Vietnam ou Tailandia . Península Ibérica miniatura|Blaps hispanica é unha das especies de Blaps con máis presenza en Galicia A península Ibérica conta cunha representación histórica importante do xénero. Un traballo pioneiro para a súa sistematización foi un artigo de Francisco Español sobre os Blaps da Península Ibérica que se publicou en 1961., outra obra de referencia foi o artigo de Amador Viñolas, que se publicou en 1989, sobre dúas especies de Blaps distribuídas na península ibérica . Galicia miniatura|Blaps lusitanica no seu hábitat natural O xénero é nativo en Galicia, Francisco Español documentou tres especies con presenza na xeografía galega Blaps hispanica, Blaps lusitanica e Blaps lethifera. B. hispánica é a especie para a que Español proporcionou a documentación galega máis detallada, e cita exemplares procedentes de Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Arcade e Santiago de Compostela. Para B. lusitanica e B. lethifera citou material procedente da provincia de Pontevedra, aínda que sen indicar unha localidade de captura máis precisa para os exemplares. Liliana Penín Pereira documentou, sen determinar a especie, para o Ancares-Courel a presenza de exemplares do xénero .

Cultura popular miniatura|Blaps mortisaga, típica do norte de Europa. miniatura|Blaps lethifera As carrouchas aparecen asociadas principalmente coa morte, a desgraza e o mal agoiro en Europa e, noutras rexións, con prácticas medicinais ou alimentarias. A súa cor escura, os hábitos nocturnos, a presenza en lugares húmidos e escuros e o cheiro desagradable que desprenden ao molestalos contribuíron á súa consideración como animais nefastos, un presaxio da morte.

Na tradición popular europea as carrouchas estaban asociadas ao mal agoiro e, particularmente, á morte. En Escandinavia ou Alemaña a aparición dun destes coleópteros nunha casa era considerada un anuncio de morte para os seus habitantes. A crenza aparece recollida xa na literatura naturalista dos séculos XVIII e XIX e chegou a quedar reflectida na propia nomenclatura científica recibiron as diferentes especies mortisaga,lethifera, fatidica, ominosa, superstitiosa ou magica, todos nomes sinistros relacionados coa morte, o destino ou a superstición ou nos nomes populares Vanligt dödsbud, literalmente mensaxeiro da morte en sueco; Großer Totenkäfer, gran escaravello da morte en alemán; Halottbűzű bogár, escaravello con cheiro a morto en húngaro; Dødningsbille, escaravello esqueleto en noruegués ou Медляк-вещатель, o lento anunciador en ruso. Segundo a tradición para evitar a morte era tradición esconxularos para evitar a desgraza no fogar de non poder matalos.

En Galicia existía a crenza popular que a carroucha picaba os pitiños nos galiñeiros, que se expresaba con expresións como Este polo está moi maliño, vai morrer, picoulle a carroucha ou similares.

No mundo árabe, no norte de África e no Imperio Otomán as carrouchas aparecen documentadas en tradicións alimentarias e medicinais. Fontes naturalistas dos séculos XVIII e XIX recollen o consumo dalgunhas especies en Exipto e noutras rexións, especialmente por mulleres que o asaban, trituraban e mesturaban con manteiga clarificada na crenza destes animais favoreceren o aumento de peso e a obtención dunha maior corpulencia, unha valoración cultural da gordura que aparece documentada nas fontes europeas sobre o mundo árabe da época. Tamén se empregaba como remedio contra das doenzas de oídos ou da mordida dos escorpións.

Na China tamén se coñece algunhas carrouchas como insectos medicinais e forman parte da medicina tradicional en varias rexións do suroeste, así as comunidades yi e dai de Yunnan empregaban Blaps rynchopetera para tratar a febre, as papeiras, gastrite e outras enfermidades inflamatorias.

Especies Chigray e Kirejtshuk (2023) consideraron que un amplo grupo de especies tradicionalmente incluídas en Blaps debía ser tratadas como Lithoblaps. A revisión incluíu arredor de cen especies e subespecies que pasaron a presentar novas combinacións nomenclaturais.

Blaps abbreviata Menetries, 1836 Blaps abdita Picka, 1978 Blaps bedeli Chatanay, 1914 Blaps bipunctata Allard, 1880 Blaps brevicornis Seidlitz, 1893 Blaps foveicollis Allard, 1880 Blaps gibba Laporte de Castelnau, 1840 Blaps graeca Solier, 1848 Blaps halophila Fischer de Waldheim, 1820 Blaps hispanica Solier, 1848 Blaps holconota Blaps indagator Reiche, 1857 Blaps kollari Seidlitz, 1893 Blaps lethifera Marsham, 1802 Blaps lusitanica Herbst, 1799 Blaps milleri Seidlitz, 1893 Blaps mortisaga (Linnaeus, 1758) Blaps mucronata Latreille, 1804 (cellar beetle) Blaps nitens Laporte de Castelnau, 1840 Blaps ocreata Allard, 1880 Blaps oertzeni Seidlitz, 1893 Blaps orbicollis Motschulsky, 1845 Blaps parvicollis Zoubkoff, 1829 Blaps planicollis Motschulsky, 1845 Blaps polychresta (Forskl, 1775) Blaps pruinosa Faldermann, 1833 Blaps putrida Motschulsky, 1845 Blaps robusta Motschulsky, 1845 Blaps sinuaticollis Solier, 1848 Blaps songorica Fischer de Waldheim, 1844 Blaps splichali Gebien, 1913 Blaps striola (Motschulsky, 1860) Blaps sulcata Laporte de Castelnau, 1840 Blaps taeniolata Menetries, 1832 Blaps tibialis Reiche, 1857 Blaps waltli Seidlitz, 1893

Notas

Categoría:Tenebriónidos