Darío Tato Fernández, nado en Loureiro (Cerdedo Cotobade) e finado en Madrid en 1940, foi un canteiro, militar e político galego.
Traxectoria Canteiro veciño de Liripio, curmán de Manuel Tato Cadórniga. Militante da CNT, membro da sociedade El Trabajo de Figueiroa. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba traballando en Madrid. Militante do Sindicato Único do Ramo da Construción de Madrid da CNT, fixo a guerra no exército republicano como dinamiteiro,La Batalla, 27-11-1936, p. 5. primeiro na Columna del Rosal e despois na 39 Brigada Mixta, 153 Batallón, operativa na defensa de Madrid e na fronte de Teruel. Finalizada a guerra foi detido en Cerdedo, enviado a Madrid e internado na prisión provincial da rúa do Barco o 28 de abril de 1939. Xulgado en consello de guerra o 10 de xullo de 1940, foi condenado a morte por participar na rebelión e realizar presuntas denuncias a dereitistas. Foi asasinado na cadea da rúa do Barco logo de, segundo a versión franquista, atacar a un funcionario de prisións cando ía ser trasladado ao Cárcere de Porlier para ser fusilado.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Cerdedo (1936-1953)
Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1940