Francisco José Hernández Maeso, nado en Bruxelas o 31 de agosto de 1988, é un árbitro de fútbol español, da Primeira División. Pertence ao Comité de Árbitros de Estremadura.
Traxectoria Despois de arbitrar na Terceira División, para a tempada 2010/11 subiu á Segunda B, categoría na que arbitrou durante dez anos, compaxinándoo coa Primeira División Feminina. En 2020 subiu á Segunda División, onde permaneceu só tres anos, antes de conseguir o ascenso á Primeira División.
Debutou na máxima categoría o 12 de agosto de 2023 nun partido entre a Real Sociedad e o Girona.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do árbitro en BDFutbol .
Categoría:Nados en Bruxelas Categoría:Nados en 1988 Categoría:Árbitros de fútbol de España