Bury the Hatchet é o cuarto álbum de estudio da banda irlandesa de rock alternativo The Cranberries, publicado o 19 de abril de 1999 a través do selo Island Records. Nos Estados Unidos o álbum vendeu máis de 500 000 copias e o 2 de xuño de 1999 recibiu a certificación de ouro.
Trátase do primeiro disco da banda publicado tras o seu primeiro hiato, que comezou en setembro de 1996. Dolores O'Riordan aproveitara ese tempo para curarse de illamentos e enfermidades provocadas polo estrés, e tamén tivera o seu primeiro fillo, Taylor, durante ese período. Isto último influíu nalgunhas das cancións do álbum, destacando "Animal Instinct" e "You and Me". A temática das cancións van dende a maternidade e os nenos ata o divorcio e o abuso de menores.
Portada A portada do álbum, deseñada por Storm Thorgerson, amosa un home espido observado por un ollo xigante nunha paisaxe desértica. A fotografía sacouse en Oljato-Monument Valley, Arizona. A edición en vinilo ten unha portada diferente, co home espido e o ollo xigante nun escenario desértico alternativo, aínda que nas etiquetas do disco utilízanse as imaxes da portada orixinal. Na contraportada, o home aparece de costas, berrándolle ao ollo.
A portada do álbum incluíuse máis tarde na lista de Pitchfork das "Peores portadas de discos de todos os tempos", na que se afirmaba: "o traballo artístico de Storm Thorgerson oscila entre o icónico e o absurdo. Esta cae nesta última categoría".
Thorgerson tamén deseñou a portada do seu disco de 2001 Wake Up and Smell the Coffee.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de The Cranberries Categoría:Álbums musicais de 1999 Categoría:Álbums de Island Records