O Samsung Galaxy S26 é un teléfono intelixente Android de gama alta. Foi presentado o 25 de febreiro de 2026, xunto coas súas variantes, o S26+ e o S26 Ultra, e lanzouse o 11 de marzo dese ano. En canto ao seu software, inclúe funcións de Intelixencia artificial como ferramentas de procesamento de imaxes, busca, tradución, asistencia para a creación de contidos e automatización de diversas operacións do sistema.

O teléfono lanzouse con Android 16 e a interface One UI 8.5 de Samsung, e é actualizable á versión beta de One UI 9.

En canto ao hardware, o dispositivo conta cunha pantalla de 6,3 polgadas e unha batería de 4300 mAh, así como un procesador Exynos 2600 personalizado.Samsung Galaxy S26: la nueva generación de smartphones llega con IA agéntica y muchas mejoras O S26 ofrece opcións de almacenamento de 256 ou 512 GB e 12 GB de RAM.

Inclúen un sistema de cámaras traseiras triplas que consta dunha cámara principal grande angular de 50 MP, unha cámara ultra grande angular de 12 MP e unha cámara teleobxectiva de 10 MP con zoom óptico de 3x, xunto cunha cámara frontal de 12 MP.

O teléfono véndese en varias cores: negro, lavanda, crema, violeta, azul e gris.

Notas

Categoría:Samsung Galaxy