miniatura|dereita|Boris Tadić. Boris Tadić, nado en Saraxevo o 15 de xaneiro de 1958, é un psicólogo e político serbio que foi presidente de Serbia de 2004 a 2012.

Nese período foi tamén presidente do Partido Democrático. Anteriormente fora Ministro de Telecomunicacións da República Federal de Iugoslavia e Ministro de Defensa de Serbia e Montenegro.

Traxectoria Nas eleccións presidenciais de 2004 obtivo o primeiro posto co 27.3% dos sufraxios. Na segunda volta, o 27 de xuño do mesmo ano, venceu ó seu rival, Tomislav Nikolić, co 53.24% dos votos. Foi nomeado presidente de xeito oficial o 11 de xullo de 2004, na capital nacional, Belgrado. O 3 de febreiro de 2008 volveu gañar as eleccións presidenciais vencendo de novo a Nikolić.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Presidencia nacional Sitio oficial da campaña electoral Partido demócrata

Categoría:Presidentes de Serbia Categoría:Nados en Saraxevo Categoría:Nados en 1958