San Xoán de Seoane do Courel é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel, na provincia de Lugo. Seoane do Courel foi ata a guerra civil a capital do concello.

Linda ó norte con Meiraos, Folgoso do Courel e Seara polo sur, Esperante e Visuña polo leste e San Xoán de Lóuzara e Seceda polo oeste.

Toponimia O topónimo deriva do latín , San Xoán.Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 438. Ed. Xerais, Vigo 1992.

Demografía É a parroquia máis poboada do concello. Segundo o IGE en 2012 tiña 218 habitantes agrupados nas entidades de Ferrería Vella, Mercurín, Moreda, Parada, Piñeira e Seoane. Isto supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 331 habitantes.

Historia Antigamente Seoane era a capital do concello, pero só mantivo ese rango ata a guerra civil. A capitalidade foille conferida no ano 1834, xunto ó tratamento de vila, ata que lle foi retirada en favor de Folgoso. Non obstante, segue a manter o carácter de capital municipal, concentrando un bo número de servizos, que se reflicte na feira que se celebra o segundo e o cuarto domingo de cada mes.

Construcións Casa do Escribano, que foi a antiga sede do concello e posúe un curioso reloxo de sol. Igrexa de San Xoán, situada no alto da vila. Ferrería de Seoane, movida pola auga do río Lor. A casa deseñada polo arquitecto Carlos Quintáns Eiras foi finalista dos premios FAD e Mies van der Rohe.Arquitectura en Galicia

Festas As festas celébranse na honra a San Xoán os días 24 e 25 de xuño.

Lugares e parroquias Lugares de Seoane do Courel

Parroquias de Folgoso do Courel

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Folgoso do Courel

Categoría:Parroquias de Folgoso do Courel Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía