Laza é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 1.287 habitantes (1.826 en 2003).
Demografía
Censo total 1.287 (2018) Menores de 15 anos 61 (4.74 %) Entre 15 e 64 anos 627 (48.72 %) Maiores de 65 anos 599 (46.54 %)
Etimoloxía A orixe etimolóxica do topónimo Laza parece ter a súa orixe no vocábulo latino latium, que correspondería á rexión chamada do Lacio da Península Itálica entre os ríos Tíber e Liris, e da que se supón proviñan os primeiros romanos asentados neste val, aínda que algúns autores como Antonio-Augusto Diéguez Añel atópanlle unha orixe prerrománica.
Historia No concello hai varios sitios arqueolóxicos da idade de bronce, como o petróglifo das Pisadiñas (Laza) ou o das Ferraduras (Soutelo Verde). Na idade de ferro desenvolveuse a cultura castrexa, O castro de Laza está á beira do camiño secundario que enlazaba as vías 17 e 18 do itinerario de Antonino. (1953): "Carta Arqueológica de Verín", en Actas del III Congreso Nacional de Arqueología, Zaragoza., desde Alberguería cara á serra de San Mamede e (1926): "Unha nova vía romana", revista Nós, nº 35 (15 novembro), páx. 4-5.
Outros poboados castrexos do concello son: Castro dos Mouros (asentamento fortificado; Soutelo Verde)
A Coroa (asentamento fortificado; Carraxó) A Cidadella (asentamento fortificado; Carraxó. Próximo a unha explotación de estaño, coa cal o castro puido ter relación) Lombo da Cerca (asentamento fortificado; Trez) O Castro (asentamento fortificado; Alberguería) A Picota (asentamento; Camba)
As terras do val de Laza foron poboadas polos Tamaganos, unha das tribos castrexas pertencente ó convento Bracarense que aparece nomeada na Columna Honorífica da ponte de Chaves o Padrón dos pobos, e que abranguería as terras do Val norte do río Támega.
Os romanos tamén deixaron aquí a súa fonda pegada tal como se manifesta nos restos arqueolóxicos atopados na zona e que proban a explotación dos xacementos minerais, de asentamentos ou doutro tipo de restos: A Coroa (explotación aurífera en aluvión; Camba) Os Casarellos (asentamento; Toro. Apareceron varios muíños de man e un couzón de pedra dunha porta) Cabeza de Cántara (explotación mineira, tamén puido ser aurífera; Cerdedelo) Vasilla de Carraxó (cerámica; Carraxó) Ara anepígrafa da Alberguería As Minas Vellas de Arcucelos
Na Idade Media, segundo sinala Taboada Chivite ó estudar a Reconquista e a súa consolidación na comarca de Baronceli, Laza aparece relacionada nunha declaración testemuñar sobre aquela. Alude a este pobo como “Laza do Conde”. Foi curato de presentación do Conde de Motezuma, Marqués de Tenebrón que pon tamén ó seu xuíz. Tirso de Molina na súa obra Mari Hernández, La gallega escribe:
“El de Laza que ya esotro lado ameno se avecina, al. Val de Monterrey con quien confina, cinco leguas de Chaves dista este monte," etc....
En 1777, no libro Relación y Descripción Geográfica de los Estados pertenecientes a la excelentísima y Nobilísima Casa de Monterrey en el reino Galicia, Provincia de Órense, Pedro González de Ulloa sinala:
Sobre o couto xurisdicional de Alberguería, tiña o poder o Arcediago de Varonceli. Da Catedral de Ourense, Vicente Risco e Xaquín Lorenzo no Boletín da Real Academia Galega explican como o camiño antigo que atravesa a vila de Laza, formando a súa rúa máis longa e principal, foi noutro tempo verea moi importante, sendo chamado polos lugareños “Camiño de Castela” coa ruta de Laza, Eiras, Portocamba, Campo Becerros, Venta do Bolaño, e Venta do Espiño ata a Gudiña, confirmando que tivo moito trafego de segadores que ían á sega á Castela. Tamén viñan de Castela comerciantes para traer aceite, carne, pemento etc... Posiblemente lle viñera de aí a súa importancia.
No ano 1812, a constitución contempla unha nova división territorial na que xorden novos concellos. Laza, Castro de Laza e Cerdedelo pertencen ó partido xudicial de Monterrei. A comezos de 1822 o concello de Cerdedelo desaparece e aparece como tal o de Retorta.
Finalmente, no ano 1835 implántase unha nova organización de municipios e Laza e mailas súas parroquias, que coinciden coas actuais, adscríbense ó partido xudicial de Verín.
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Laza Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Laza vexa: Lugares de Laza.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas O Seminario de Onomastica responde: Laza (Vicente Feijoo Ares, 28.10.2025)
Categoría:Laza