O río Boeza é un río leonés, afluente do Sil pola súa marxe esquerda.

Descrición Fontes Nace preto do Pico de Rebezo, no concello de Murias de Paredes, no linde entre as comarcas do Bierzo e a Laciana.

Percorrido Ten un percorrido de 62 Km, con dirección inicial sueste e despois suroeste. Pasa pola localidade de Bembibre e conflúe co Sil en Ponferrada. A bacía do Boeza ocupa un total de 867 Km².

Afluentes Os seus tributarios principais son:

Pola beira esquerda: Río Tremor. Río Meruelo.

Pola beira dereita: Río Noceda. Río Losada.

Réxime hídrico O Boeza é un río de réxime pluvio-nival.

Aproveitamento O Boeza comparte co Sil o encoro de Bárcena, de produción hidroeléctrica e construído en 1960 cunha capacidade de 341 Hm³.www.embalses.net O desvío das augas do Boeza para esa presa provoca problemas de esgotamento severo do seu leito nos meses estivais.

Notas

Boeza Boeza Categoría:O Bierzo