A limonita (do latín limus que significa prado) é un mineraloide da clase dos hidróxidos cuxa fórmula química é 2Fe2O3·3H2O. É un material amorfo.
Aspecto
Non presenta cristais (á excepción da pirita limonitizada). Aparece de forma masiva con cores pardas. A súa estrutura interna non está ordenada en celas unidade, por iso, neste caso en concreto, non estamos a falar exactamente dun mineral senón dun mineraloide amorfo.
Lugares onde se atopa
En zonas de oxidación nas que a presenza de ferro é vital. A limonita é un mineraloide procedente da alteración de vexetais nas augas ricas en ferro. É frecuete tamén que certos minerais coma a pirita, dexeneren por meteorización e se convertan en limonita.
Atópase en abundancia en Riotinto (Huelva).
Usos da limonita
A limonita utilízase coma fonte para obter ferro.
É utilizada tamén para fabricar fertilizantes.
Outros hidróxidos
Outro hidróxido a destacar é a bauxita.
Véxase tamén
Pirita
Categoría:Minerais