Os pingüíns son un grupo de aves mariñas non voadoras que habitan no hemisferio sur. Todos pertencen a unha mesma familia: Spheniscidae. Contrariamente á crenza popular, os pingüíns non habitan unicamente en climas fríos e moitas especies habitan tanto no norte como nas illas Galápagos cerca da liña ecuatorial. A maioría dos pingüíns aliméntanse de krill, peixe, luras e outras criaturas mariñas.
A especie máis grande é o pingüín emperador (Aptenodytes forsteri): os adultos teñen unha altura media de 110 cm e pesan 30 kg ou máis. A especie máis pequena é o pingüín azul (Eudyptula minor), que ten tipicamente unha estatura de entre 35 e 40 cm e pesan arredor de 1 kg. Xeralmente os pingüíns máis grandes reteñen mellor a calor e polo tanto habitan rexións máis frías, mentres que as especies máis pequenas se encontran en climas temperados e incluso tropicais.
Cada 25 de abril celébrase o Día Mundial dos Pingüíns co obxectivo de concienciar á poboación da importancia destas aves na biodiversidade e as ameazas sobre a súa supervivencia: dez das dezaoito especies existentes están consideradas como vulnerables ou en perigo de extinción.
Especies
Xénero Aptenodytes Pingüín emperador (Aptenodytes forsteri) Pingüín rei (Aptenodytes patagonicus) Pingüín de Ridgen (Aptenodytes ridgeni) (fósil) Xénero Pygoscelis Pingüín de Adelia (Pygoscelis adeliae) Pingüín gentoo (Pygoscelis papua) Pingüín de barbicha (Pygoscelis antarctica) Xénero Eudyptes Pingüín saltador da rocha (Eudyptes chrysocome) Pingüín macaroni (Eudyptes chrysolophus) Pingüín das snares (Eudyptes robustus) Pingüín real (Eudyptes schlegeli) Eudyptes sclateri Xénero Spheniscus Pingüín de Magallanes (Spheniscus magellanicus) Pingüín das Galápagos (Spheniscus mendiculus) Pingüín de Humboldt (Spheniscus humboldti) Pingüín africano (Spheniscus demersus) Xénero Eudyptula Pingüín azul (Eudyptula minor) Eudyptula albosignata) Xénero Megadyptes Megadyptes antipodes
Xéneros extintos Anthropodyptes Archaeospheniscus Chubutodyptes Pachydyptes Palaeeudyptes Palaeospheniscus Paraptenodytes Pseudaptenodytes
Notas
Categoría:Aves