Xordania é un país pequeno con recursos naturais bastante limitados, pouca auga e pouco petróleo. A pobreza, o desemprego e a inflación son problemas fundamentais, pero o rei Abdullah, despois de asumir o trono en 1999, puxo en marcha reformas económicas para mellorar o padrón de vida do país.

O país é un grande exportador de fosfato e carbonato de potasio, e tamén depende do turismo e do comercio de fertilizantes. Importa o petróleo que consome do Iraq e da Arabia Saudita.

A Xordania continúa a seguir as directrices do Fondo Monetario Internacional dende o 2002, seguindo unha política monetaria austera e privatizacións.

Referencias