Eusko Langileen AlkartasunaESTORNÉS ZUBIZARRETA, Idoia: «Entre partido y sindicato. Eusko Langileen Alkartasuna-Solidaridad de Trabajadores Vascos (Movimiento Socialista de Euskadi, 1969-1976)», Historia contemporánea, ISSN 1130-2402, pag. 41, 2010. (en éuscaro Solidariedade dos Traballadores Vascos), hoxe en día máis coñecido como ELA é un sindicato nacionalista vasco historicamente ligado ó Partido Nacionalista Vasco. Foi fundado o 23 de xullo de 1911 en Bilbao baixo o nome Solidariedade de Obreiros Vascos e coa intención de minorar a influencia dos sindicatos de clase (UGT e CNT) entre os traballadores vascos, en concreto entre os de orixe vasca en contraposición dos provenientes doutros lugares.
Nas súas primeiras fases o sindicato realizaba labores de asistenza social entre os seus afiliados. A expansión de ELA foi moi rápida nos territorios de Guipúscoa e Biscaia, pero máis lenta en Navarra e Álava. A día de hoxe, é o sindicato máis forte na Comunidade Autónoma Vasca en número de afiliados e delegados. Séguenlle CCOO-Euskadi e LAB. miniatura|Jose Elorrieta, antigo secretario xeral de ELA
Primeiro Congreso (1929) O seu primeiro congreso celebrouse os días 12 e 13 de outubro de 1929 no frontón Astelena de Éibar.
Segundo Congreso (1933) Foi celebrado en Vitoria durante os días 29 e 30 de abril e 1 de maio. Prodúcese o cambio de nome a ELA.
Terceiro Congreso (1976) Estaba previsto a súa celebración en Pamplona en 1936, pero a sublevación fascista interrompeu as actividades legais deste sindicato durante 40 anos. Posteriormente celebraríase en Zornotza e Éibar. Durante a transición ELA opúxose ós Pactos de La Moncloa.
Cuarto Congreso Nel ELA apoiou o Estatuto de Guernica, malia advertir das súas carencias en políticas sociais.
Na actualidade é a primeira central sindical da CAV con diferenza e unha importante forza sindical en Navarra. Ten máis de 100.000 afiliados.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de ELA
Categoría:Sindicatos do País Vasco