Diane Nemerov, coñecida como Diane Arbus, nada en Nova York o 14 de marzo de 1923 e finada no mesmo lugar o 26 de xullo de 1971,"Diane Arbus, her vision, life, and death." The New York Times, 13 de maio de 1984. Consultado o 10 de maio de 2017 foi unha fotógrafa estadounidense. Retratou unha humanidade fracasada e solitaria, estraña antítese do triunfalismo norteamericano.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia adiñeirada xudía.Schjeldahl, Peter. "Looking Back: Diane Arbus at the Met", The New Yorker, 21 de marzo de 2005. Consultado o 4 de febreiro de 2010. Ela e os seus dous irmáns (un dos cales é o poeta Howard Nemerov) foron uns nenos privilexiados; tal e como o demostran as propias palabras da autora ao referirse á súa nenez: "Crecín sentíndome inmune e carente de circunstancia. Unha das cousas que padecín foi non ter sentido a adversidade". Seu pai, David Nemerov, foi o fillo dun inmigrante ruso e súa nai, Gertrude,DeCarlo, Tessa (maio de 2004). "A Fresh Look at Diane Arbus". Smithsonian magazine. Consultado o 13 de decembro de 2017. a filla do dono da peletería Russek na Quinta Avenida de Nova York. Cando casaron, David converteu a peletería do seu sogro nunha tenda por departamento especializada en peles moi coñecida na Quinta Avenida. Aos 14 anos, Diane namorouse do fotógrafo Allan Arbus, empregado de seu pai, con quen casou catro anos despois (sen o consentimento da súa familia). Logo de casar, o matrimonio mantívose economicamente do seu traballo fotográfico.
Nos anos corenta, os Arbus adicáronse á fotografía de moda en revistas como Esquire , Vogue e Harper's. Entre 1955 e 1957, Diane Arbus tomou clases coa fotógrafa austríaca Lisette Model, exercendo unha grande influencia no camiño que máis tarde tomaría. Nesta época divorciouse de Allan, o que supuxo a súa independencia como fotógrafa, sendo a década dos sesenta a máis produtiva; percorría os perigosos barrios de Nova York para seleccionar as personaxes que retrataría, na súa maioría ananos, praias nudistas, prostitutas etc. Aínda que continuaba traballando para revistas importantes retratando celebridades coma Norman Mailer, Mae West, Jorge Luis Borges,Diane Arbus: Revelations. Nova York: Random House, 2003. .Rubinfien, Leo. "Where Diane Arbus Went". Art in America, volume 93, número 9, páxinas 65–71, 73, 75, 77, outubro de 2005. a exposición que a deu a coñecer ao gran público foi "New sensations", en 1967. Catro anos despois, logo de pasar unha profunda depresión, suicidouse tomando barbitúricos e cortando as veas. Un ano máis tarde o seu traballo foi seleccionado para participar na Bienal de Venecia, sendo a primeira fotógrafa estadounidense en ser seleccionada;John Simon Guggenheim Memorial Foundation. "Fellows. Diane Arbus". Consultado o 4 de febreiro de 2010. así coma no MoMA de Nova York, que organizou a súa primeira retrospectiva.
Obra Diane Arbus elixiu persoas marxinais para as súas fotografías: enfermos mentais, xigantes, familias disfuncionais etc. Os personaxes miraban directamente á cámara, o que fai que o flash revele os seus defectos. A súa intención era producir no espectador "temor e vergonza", e representar o normal como algo monstruoso: cando Diane fotografía a dor, a encontra en persoas normais, provoca que a xente presuntamente normal apareza como anormal. Ela racha a composición, sitúa ao personaxe no centro, un personaxe cunha mirada directa, con tensión e forza. Non existe o momento decisivo para ela, traballa en continuo espazo temporal e obriga aos retratados a que sexan conscientes de que están sendo retratados.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web non oficial
Categoría:Fotógrafos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía