miniatura|dereita|O sarcófago de Accursio e do seu fillo Francesco d'Accorso en Boloña- Accursio ou Accorso di Bagnolo; nado en Impruneta ca. 1182 e finado en Boloña o 1263, foi un xurista italiano.
Traxectoria
É notábel pola súa organización das glosas, comentarios medievais sobre as codificacións do dereito de Xustiniano, o Corpus Iuris Civilis. Recompilou preto de 100 000 glosas, o texto completo do Corpus iuris civilis, chamada a Glosa ordinaria ou magistralis ou Magna glosa, fundamento do dereito europeo.
Vida persoal
Foi pai do tamén xurista Francesco d'Accorso, quen ademais é personaxe da Divina Comedia de Dante.
Categoría:Nados en 1182 Categoría:Finados en 1263 Categoría:Xuristas de Italia Categoría:Nados en Italia