O 20 de maio é o 140º día do ano do calendario gregoriano e o 141º nos anos bisestos. Quedan (225) días para finalizar o ano.
Acontecementos miniatura|130px|Vasco da Gama 325 - Lévase a cabo o Concilio de Nicea primeiro concilio ecuménico das igrexas cristiás. 1498 - Vasco da Gama chega a Calcuta 1520 - En Tenochtitlán, os españois ao mando de Pedro de Alvarado levan a cabo a Matanza de Tóxcatl. 1952 - Accidente ferroviario entre a estación de Padrón e a estación da Escravitude. O expreso de Madrid a Santiago de Compostela chocou cun convoi de doce vagóns cisterna cargados de gasolina que se desprenderon da cola dun tren de mercadorías que o precedía na marcha. A colisión provocou a explosión de dúas das cisternas e o incendio de parte destas e de varias unidades do expreso. Morreron doce persoas e numerosas resultaron feridas."Once personas, según cálculos provisionales, perecieron carbonizadas al chocar el expreso de Galicia con los vagones de un mercancías", ABC, 21 de maio de 1952, p. 21. 1978 - Lanzamento de Pioneer 12 (Pioneer Venus Orbiter) cara a Venus. 2002 - Independencia de Timor Leste
Nacementos miniatura|130px|Honoré de Balzac. 1780 - Bernardino Rivadavia, primeiro presidente da República Arxentina. 1799 - Honoré de Balzac, escritor francés. 1806 - John Stuart Mill, filósofo, economista e político inglés. 1820 - José Rúa Figueroa, revolucionario e escritor galego. 1880 - Celia Brañas, científica galega. (m. 1948) 1891 - Juan Antonio Suances, militar e político galego. 1900 - Lorenzo Fernández, futbolísta galego, campión olímpico co Uruguai (m.1973) 1901 - Max Euwe, xadrecista holandés (campión mundial 1935-1937). 1915 - Moshé Dayán, líder militar e político israelí. 1922 - Gabriel Ferrater, poeta e lingüista catalán. 1936 - Vitorino Núñez, político galego. 1944 - Joe Cocker, cantante británico. 1945 - Ramón Félix Blanco Gómez, sindicalista e político galego (m. 2001). 1946 - Cher, cantante estadounidense. 1950 - Erri De Luca, escritor italiano. 1957 - Yoshihiko Noda, político xaponés. 1961 - Maurizio Milani, actor Italian.
Mortes miniatura|130px|Eduardo Gasset Artime. 1506 - Cristovo Colón, navegante e explorador. 1622 - Osman II, sultán turco e emperador otomán. 1884 - Eduardo Gasset Artime, político e xornalista galego. 1896 - Clara Schumann, compositora e concertista austríaca (n. 1819) 1903 - Marcial Valladares Núñez, xornalista, poeta, novelista e lexicógrafo (n. 1821). 1934 - Salvador Cabeza de León, galeguista e político. 1956 - Max Beerbohm, caricaturista e escritor inglés. 2001 - Renato Carosone, cantante italiano. 2005 - Paul Ricoeur, filósofo e antropólogo francés. 2007 - Stanley Lloyd Miller, químico e biólogo estadounidense coñecido polos seus estudos sobre a orixe da vida (n. 1930).
Festas e celebracións Día Mundial das Abellas."La Voz de la Escuela", en La Voz de Galicia 21.05.2025.
Outros
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Maio