O 21 de maio é o 141º día do ano do calendario gregoriano e o 142º nos anos bisestos. Quedan (224) días para finalizar o ano.

Acontecementos 1674 - Jan III Sobieski é elixido pola nobreza como rei de Polonia. 1840 - William Hobson declara a soberanía británica sobre Nova Zelandia. 1863 - Guerra de secesión norteamericana: as forzas da Unión inician o asedio de Port Hudson (Luisiana), controlado polos Confederados. 1879 - Guerra do Pacífico: batalla naval de Iquique e Punta Gruesa. Os navíos chilenos Esmeralda e Covadonga, que bloqueaban o porto de Iquique combaten contra os baixeis peruanos Huáscar e Independencia. O Huáscar afundíu o Esmeralda e o Covadonga obriga o Independencia a embarrancar. Na batalla morreu o capitán chileno Arturo Prat. 1881 - Clara Barton funda a Cruz Vermella estadounidense. 1904: fúndase a FIFA (Fédération Internationale de Football Association), organismo mundial reitor do fútbol. 1927 - Charles Lindbergh completa o primeiro voo transatlántico sen escalas

Nacementos miniatura|100px|Albrecht Dürer. miniatura|100px|Mary Anning 822 - Al-Hakam I, emir Omeia de Córdoba. 1471 - Albrecht Dürer, pintor, gravador e matemático alemán (m. 1528). 1527 - Filipe II, rei de España. 1527 - Girolamo Fabrizi d'Acquapendente, anatomista italiano. 1688 - Alexander Pope, poeta inglés (m. 1744). 1720 - Antonio Corbisiero, compositor italiano (m. 1798). 1775 - Luciano Bonaparte, político francés (m. 1840). 1792 - Gaspard Gustave de Coriolis, matemático e físico francés (m. 1843). 1799 - Mary Anning, paleontóloga e recolectora de fósiles inglesa. (m.1847) miniatura|100px|Benito Vicetto1824 - Benito Vicetto, escritor e historiador galego. 1843 - Louis Renault, xurista e educador francés, Premio Nobel da Paz. 1843 - Charles Albert Gobat, político suízo, Premio Nobel da Paz (m. 1914). 1844 - Henri Rousseau, pintor francés (m. 1910). 1847 - Antonio Favaro, matemático e historiador italiano (m. 1922). 1851 - Léon Bourgeois, político francés, Premio Nobel da Paz (m. 1925). 1856 - José Rodríguez Carracido, bioquímico galego (m. 1928). 1858 - Edouard Goursat, matemático francés (m. 1936). 1860 - Willem Einthoven, inventor neerlandés, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1927). 1860 - Constantino Horta, escritor galeguista. 1862 - Severiano Martínez Anido, militar galego (m. 1938). 1864 - Stefania del Belgio, princesa belga (m. 1945). 1873 - Manuel Martínez Sueiro, avogado e escritor galego (m. 1920). 1894 - Angiolo Mazzoni, enxeñeiro e arquitecto italiano (m. 1979). 1900 - Francisco Iglesias Brage, piloto de aviación, enxeñeiro e explorador galego. 1902 - Marcel Breuer, arquitecto húngaro (m. 1981). 1917 - Raymond Burr, actor canadense (m. 1993). 1920 - John Chadwick, lingüista e filólogo británico (m. 1998). 1921 - Andrej Dmitrievič Sakharov, físico ruso, disidente político (m. 1989). 1936 - Günter Blobel, biólogo alemán, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina. 1944 - Mary Robinson, presidenta da República da Irlanda. 1959 - Nick Cassavetes, actor, guionista e director de cine estadounidense. 2002 - Elena Huelva Palomo, activista española pola loita contra o cancro (m. 2023).

Mortes miniatura|100px|Henrique VI. 1471 - Henrique VI, rei de Inglaterra. 1542 - Hernando de Soto, conquistador e explorador español. 1686 - Otto von Guericke, inventor da bomba de baleiro (n.1602). 1924 - Manuel Gómez González, crego católico galego. 1928 - Noguchi Hideyo, bacteriólogo xaponés. 1947 - Manuel Simón Campos, Xanote, guerrilleiro antifranquista galego (n. 1914). 1964 - James Franck, físico alemán, gañador do Premio Nobel de Física en 1925. 2004 - Jean-Pierre Blanc, director de cine francés.

Festas e celebracións Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento Día Internacional do Té

Outros Santoral: Valente, Virxinia, Xisela.

Notas

20 de maio - 22 de maio

Os 366 días do ano

Categoría:Maio