Antonio Aguilar Correa, Marqués de la Vega de Armijo, nado en Madrid o 30 de xuño de 1824 e finado na mesma cidade o 13 de xuño de 1908, foi un político español, Presidente do Goberno de España entre 1906 e 1907.

Foi Grande de España, Marqués de la Vega de Armijo dende 1847, Marqués de Atos, Conde de la Bobadilla e vizconde de Pegullal. Tamén foi cabaleiro do Vélaro de Ouro e da Orde Pontificia de Cristo.

Traxectoria Comezou aos 30 anos unha dilatada carreira política que o levaría a exercer destacados cargos públicos durante máis de medio século. Foi elixido deputado por vez primeira en novembro de 1854 pola circunscrición de Córdoba, cando, durante o Bienio Progresista, se celebraran comicios para formar Cortes Constituíntes. Militou na Unión Liberal fundada por Leopoldo O'Donnell, de quen se converteu moi logo en seguidor e quen, á súa vez, nomeouno gobernador civil de Madrid (1858) e varias veces ministro nos seus segundo e terceiro gabinete: foi deste xeito ministro de Fomento entre 1861 e 1863, de Gobernación desde xaneiro de 1861 ata 1863 e, de novo, desempeñou o cargo de ministro de Fomento entre 1865 e 1866.

Falecido O'Donnell en 1867, Vega de Armijo pasou as filas políticas do xeneral Francisco Serrano Domínguez, co que participou na preparación da Revolución de 1868, que destronou a Isabel II, iniciando o Sexenio Democrático. Embaixador en Francia en 1874, desde o comezo da Restauración militou en grupos que conformaron o Partido Liberal, que lideraba Práxedes Mateo Sagasta. Este nomeouno tres veces ministro de Estado (máximo responsable da diplomacia española): entre 1881 e 1883, desde 1888 ata 1890 e entre 1892 e 1893. A máis, foi Presidente do Congreso en 1898, 1899, desde 1901 ata 1903, e, por último, en 1905.

Durante o reinado de Afonso XIII foi presidente do goberno a partir do 4 de decembro de 1906, entre dous gabinetes liderados respectivamente por Segismundo Moret e por Antonio Maura. A súa breve xefatura gobernamental - apenas un mes, ata o 25 de xaneiro do 1907 - limitouse a aprobar os orzamentos xerais para 1907. No ano seguinte Aguilar faleceu.

O Marqués de la Vega de Armijo presidiu as reais academias da Historia, e máis a de Ciencias Morales e Políticas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de presidentes do Congreso dos Deputados de España Lista de presidentes de España

Ligazóns externas

Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Presidentes de España Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Embaixadores de España en Francia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1824 Categoría:Finados en 1908 Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Marqueses de España Categoría:Políticos da Unión Liberal Categoría:Políticos do Partido Liberal (España) Categoría:Ministros de Fomento de España