A anemia megaloblástica é un trastorno sanguíneo caracterizado por anemia, con glóbulos vermellos máis grandes do normal, xeralmente é resultado dunha deficiencia de ácido fólico ou de vitamina B12.
Na anemia megaloblástica prodúcese unha diminución no número de eritrocitos ou glóbulos vermellos e un aumento de tamaño dos mesmos debido a unha deficiencia das substancias que interveñen no proceso de formación dos eritrocitos, como é a vitamina B12.
Causas
As deficiencias de vitamina B12 e de ácido fólico son as causas máis comúns. Outras causas son: leucemia mielofibrose mieloma múltiple fármacos quimioterápicos consumo excesivo de alcol trastornos hereditarios
Síntomas perda do apetito diarrea formigueo e entumecemento de manos e pés palidez cansazo dores de cabeza úlceras na boca e na lingua cambio da coloración da pel
Tratamento O tratamento da anemia megaloblástica vai depender da causa da mesma, polo tanto o principal obxectivo sería atopar esa causa. Baixo o tratamento adecuado, este trastorno ten un bo prognóstico.
Véxase tamén Outros artigos Anemia perniciosa
Categoría:Doenzas do sistema circulatorio