A vida que che espera (en ) é unha coprodución cinematográfica galega dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón. Rodada entre Galicia e Cantabria entre abril e xuño de 2003, a estrea desta cinta tivo lugar o 30 de xaneiro de 2004. A produción correu a cargo de Continental Producciones, a TVG e Tornasol Films.

Sinopse

A historia de A vida que che espera desenvólvese nunha rexión do norte de España. Alí ten lugar unha pelexa motivada por unha vaca que acaba co desenlace do asasinato de Severo (Celso Bugallo) por parte dun gandeiro chamada Xildo (Juan Diego). Este ten dúas fillas: Xenia (Clara Lago) e Val (Marta Etura). Cando o fillo do malogrado Severo, Rai (Luís Tosar), chega á vila para o enterro, sentirase atraído por Val, filla do home que matou a seu pai.

Os mozos comezan a saír xuntos. Rai aproveita esta circunstancia para sacar beneficio e afondar en como se produciu a morte de Severo. Val, presionada por Xildo, tentará tamén descubrir ata que punto está o seu mozo ó tanto de como se desenvolveu o crime e de quen o perpetrou. Malia isto, ambos acaban namorándose.

Equipo técnico Casting: Carlos Gras Dirección de arte: Félix Murcia Edición: José Salcedo Vestiario: Estíbaliz Markiegi Son: José Antonio Bermúdez, Manolo Laguna, Raúl Lasvignes, Mark A. Van Der Willigen Maquillaxe: Almudena Fonseca, Kenyar Padilla Script: Elena Gil

Premios Gañou 2 Premios Mestre Mateo na edición de 2004: Mellor guión: Ángeles González Sinde e Manuel Gutiérrez Aragón Mellor interpretación feminina protagonista: Marta Etura

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial IMDb Axencia Audiovisual Galega

Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Cantabria Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes dirixidos por Manuel Gutiérrez Aragón Categoría:Filmes de 2004 con versión en galego