Os aires difíciles é unha coprodución galega baseada na obra da escritora Almudena Grandes. Estreouse no ano 2006, dirixida por Gerardo Herrero e protagonizada, entre outros, polos actores galegos Celia Freijeiro e Monti Castiñeiras.
Sinopse Juan Olmedo, un home de corenta anos, logra sobrevivir a un naufraxio tralo que unicamente foi quen de rescatar a unha sobriña e ó seu irmán, discapacitado mental. Juan decide deixar atrás o seu pasado e comezar unha nova vida nun afastado recuncho da costa gaditana.
Nel, coa axuda da súa asistenta Maribel e de Sara, afrontará as lembranzas que o atormentan: o amor secreto que sentía cara a súa cuñada e a morte en estrañas circunstancias do seu irmán Damián.
Intérpretes José Luis García Pérez Guillermo Barrientos Monti Castiñeiras Pilar Castro Antonio Dechent Carmen Elías Roberto Enríquez Cuca Escribano Celia Freijeiro Andrés Gertrúdix Alberto Jiménez Natalia Sánchez Paula Sebastián
Equipo técnico Dirección: Gerardo Herrero Guión: Alberto Macías, Almudena Grandes, Ángeles González Sinde. Fotografía: Alfredo Mayo Dirección artística: José Domínguez del Olmo Vestiario: Paco Delgado Maquillaxe: Paca Almenara Peiteado: Alicia López Montaxe: Carmen Frías Música: Lucio Godoy
Ligazóns externas
Ficha na Axencia Audiovisual Galega Film Affinity . Traxectoria do equipo técnico .
Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes dirixidos por Gerardo Herrero Categoría:Almudena Grandes