Os pleuródiros ou pleurodiros (Pleurodira) son unha suborde de tartarugas do hemisferio sur que se identifican pola súa maneira de volver o pescozo para dar volta á súa cabeza na cuncha. Estas tartarugas deben dobrar o seu pescozo sobre o lado, formando un S horizontal, máis ca dobralo cara a arriba no plano vertical da cobertoira directamente sobre a columna vertebral, como fai a outra suborde dos Testudines, a dos criptódiros. O funcionamento das queixadas tamén serve para distinguir estas dúas subordes.
Distribución Entre as familias, a que ten representantes na actualidade (Chelidae) vive en rexións coma Suramérica, Australia e Nova Guinea. As especies da superfamilia Pelomedusoidea atopámolas no continente africano e en Norteamérica. Esta distribución e a dos fósiles, nesta suborde, explícase pola deriva continental.
Clasificación Taxonomía
Suborde Pleurodira Familia Proterochersidae (extinta) Familia Chelidae Familia Araripemydidae (extinta) Superfamilia Pelomedusoidae Familia Pelomedusidae Familia Bothremydidae (extinta) Familia Podocnemididae
Sistemática A clasificación presentada aquí é a de Maylan e Ganko (1997) e Lapparent de Broin (2000).<ref>[http://www.helsinki.fi/~mhaaramo/metazoa/deuterostoma/chordata/reptilia/reptilia_index.html Pleurodira']'en Mikko's Phylogeny Archive. Consultada o 31/10/2012.</ref>—o Casichelydia |--o Cryptodira Dumeril & Bibron, 1835 `--o Pleurodira `—o ... |--o Chelidae | |--o Chelodininae | `--o | |--o Hydromedusinae | `--o Chelidinae `--o Pelomedusoides Cope, 1868 |--o †Araripemydidae Price, 1973 `--o Pelomedusoidea Cope, 1868 |--o Eusarkiidae |--o Pelomedusidae `--o Podocnemoidea Cope, 1868 |--o †Bothremydidae Baur, 1891 `--o Podocnemidae Cope, 1868 `--o ... |-- Podocnemis `--o Erymnochelyinae
Estas subordes inclúen as famiias de tartarugas seguintes: Podocnemidae Chelidae Dortokidae Eusarkiidae Propleuridae Bothremydidae Pelomedusidae
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Mello-Leitão, C. (1937): Zoo-geografia do Brasil. São Paulo: Companhia Editora Nacional. Padilla Álvarez, F. e Cuesta López, A. (2003): Zoología aplicada. Madrid: Díaz de Santos. Rhodin, Anders G. J., van Dijk, Peter Paul, Inverson, John B., Shaffer, H. Bradley e Roger, Bour (2011): "Turtles of the world, 2011 update: Annotated checklist of taxonomy, synonymy, distribution and conservation status". Chelonian Research Monographs 5 Artigo en PDF Consultado o 31/10/2012.
Outros artigos
Tartarugas Criptódiros
Ligazóns externas Tartarugas terrestres e acuáticas As tartarugas Pleurodira