O Premio de Poesía Martín Codax foi un afamado premio literario convocado polas bodegas Martín Códax de Cambados entre 1992 e 2000. O premio estaba patrocinado polo Concello de Vigo e as Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. As obras premiadas foron editadas pola Editorial Galaxia dentro da colección Dombate.Catálogo da colección Dombate .

Obras gañadoras 1992: Antiga Claridade de Xavier Rodríguez Barrio 1993: Ritos de auga de Xosé Manuel Vélez 1994: Canta de cerca a morte de Darío Xohán Cabana 1995: Contra mar de Xesús Franco González 1996: As certezas do clima de Miguel Anxo Fernán-Vello 1997: Ningún camiño de Román Raña 1998: Setembro de Marta Dacosta 1999: non se convocou 2000: Libra de Gonzalo Navaza

Notas

Martín Codax