miniatura|Almabtrieb en Mels en 2019. O cantón de Sankt Gallen (en alemán: Sankt Gallen, francés Saint-Gall, italiano San Gallo, romanche: Sogn Gagl) é un cantón suízo. Atópase no nordeste de Suíza, ten unha superficie de 2.026 km.
Xeografía O cantón está situado no nordeste de Suíza, limita ao norte co Lago Constanza (Bodensee). Ao leste áchase o val do Rin. Á beira contrario deste atópanse Austria e Liechtenstein. Ao sur limita cos cantóns de Grisóns, Glaris e Schwyz. Ao oeste áchase o cantón de Zürich e ao norte o cantón de Turgovia.
Os dous cantóns de Appenzell Interior e Appenzell Exterior están rodeados completamente polo territorio do cantón de Sankt Gallen.
Historia O cantón de Sankt Gallen está constituído polos territorios adquiridos pola abadía de Sankt Gallen co pasar dos séculos. Formou parte do cantón de Säntis durante a época da República Helvética. Isto só foi posible logo de haber secularizado a Abadía en 1798. En 1803 a rexión uniuse á Confederación Suíza como cantón de Sankt Gallen. A constitución cantonal foi introducida en 1890.
Economía A actividade agrícola consiste basicamente na cría de gando e a produción de queixos na área da montaña. Na planicie predomina a produción de froitas e viños, aínda que existe tamén a gandería.
A industria cantonal comprende: óptica, pirotécnica, química e farmacéutica. O turismo desempeña un papel importante en moitos lugares de vacacións, como as fontes termais de Bad Ragaz e un gran número de estacións de inverno.
Ingresos (en millóns de CHF): 18 347 fr
Distritos O cantón estaba subdividido en quince distritos, pero a partir de xaneiro de 2003 repartiuse en oito circunscricións electorais:
Rheintal (corresponde á fusión dos distritos de Oberrheintal e Unterrheintal) Rorschach (corresponde ao distrito de Rorschach) distrito de Sankt Gallen (corresponde á fusión dos distritos de Sankt Gallen e Gossau) Sarganserland (corresponde ao distrito de Sargans) See-Gaster (corresponde aos distritos de See e Gaster) Toggenburg (corresponde aos distritos de Untertoggenburg, Alttoggenburg, Obertoggenburg e Neutoggenburg) Werdenberg (corresponde ao distrito de Werdenberg) Wil (corresponde aos distritos de Wil e Untertoggenburg)
Cidades Cidades do cantón (con máis de 10.000 habitantes): Sankt Gallen (70.000) Jona (17.061) Gossau (16.941) Wil (16.443) Uzwil (11.997) Altstätten (10.372) Buchs (10.255)
Sankt Gallen