O 18 de xullo é o 199º día do ano do calendario gregoriano e o 200º nos anos bisestos. Quedan 166 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1830 - O Uruguai adopta a súa primeira constitución. 1898 - Marie Curie e Pierre Curie descobren un novo elemento químico, que chaman Polonio. 1925 - Adolf Hitler publica Mein Kampf (A miña loita). 1936 - O exército dá un golpe militar en España contra a República. Con este levantamento militar comeza a guerra civil española. 1999 - John J. Kavelaars e o seu equipo descobren a lúa do planeta Urano, Setebos; mentres que Matthew Holman e Brett J. Gladman (integrantes do mesmo equipo) descobren a lúa Próspero e a lúa Stephano respectivamente, tamén pertencentes ó sistema do planeta Urano.
Nacementos miniatura|100px|Robert Hooke. miniatura|100px|María de Maeztu. 1635 - Robert Hooke, científico inglés (m. 1703). 1670 - Giovanni Bononcini, violonchelista e compositor italiano (m. 1747). 1768 - Jean-Robert Argand, matemático suízo (m. 1822). 1845 - Tristan Corbière, poeta francés (m. 1875). 1853 - Hendrik Lorentz, físico holandés, Premio Nobel de Física (m. 1928). 1871 - Giacomo Balla, pintor e escultor italiano (m. 1958). 1874 - Cathal Brugha, político e revolucionario irlandés (m. 1922). 1890 - Frank Forde, primeiro ministro australiano (m. 1983). 1881 - María de Maeztu, pedagoga española (m. 1948). 1901 - George Gallup, sociólogo e estatístico norteamericano (m. 1984). 1904 - Manuel Meilán Martínez, galeguista do Uruguai (m. 1994). 1909 - Mohammed Daoud Khan, primeiro ministro de Afganistán (m. 1978). 1918 - Nelson Mandela, político surafricano (m. 2013). 1921 - John Glenn, astronauta estadounidense. 1922 - Thomas Kuhn, filósofo da ciencia estadounidense. 1937 - Roald Hoffman, químico polaco, Premio Nobel. 1938 - Paul Verhoeven, director de cine neerlandés. 1948 - Hartmut Michel, químico alemán, Premio Nobel. 1958 - Nuccio Ordine, profesor e filósofo italiano. 1963 - Martín Torrijos Espino, presidente do Panamá.
Mortes miniatura|100px|Caravaggio. miniatura|100px|Programadoras ENIAC.
1610 - Caravaggio, pintor italiano (n. 1571). 1817 - Jane Austen, novelista inglesa (n. 1775). 1872 - Benito Juárez, presidente de México. 1924 - Àngel Guimerà, escritor en lingua catalá (n. 1845). 1927 - Joaquín Loriga Taboada, aviador lalinense. 1934 - Nicolás García Pereira, escritor, xornalista e político galego (n. 1900). 1983 - Roman Jakobson, lingüista e teórico da literatura ruso (n. 1896). 1993 - Jean Negulesco, director cinematográfico estadounidense de orixe romanesa (n. 1900). 1995 - Fabio Casartelli, ciclista italiano. 2000 - José Ángel Valente, poeta galego (n. 1929). 2012 - Frances Spence, programadora do ENIAC (n. 1922). 2013 - Anxo Guerreiro, político galego (n. 1945).
Festas e celebracións miniatura|100px Día Internacional de Nelson Mandela, por acordo de novembro de 2009, da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, en recoñecemento da contribución do expresidente de Suráfrica á cultura da paz e da liberdade "El mundo celebra hoy por primera vez el Día de Nelson Mandela", en La Voz de Galicia 10.07.2010.
Outros Santoral: Santa Mariña de Augas Santas, San Francisco Solano.
Os 366 días do ano
Notas
Categoría:Xullo