Aiulfo II, tamén chamado Aio, Ajo, ou Aione, reinou como príncipe de Benevento entre os anos 884 e 891, durante un período particularmente tormentoso para o principado independente.
Traxectoria Depuxo ao seu irmán máis vello, Radelchis II, en 884 ou 885 nun momento no que os bizantinos, baixo Nicéforo Focas o Vello, reconquistaran Calabria desde 883. Nicéforo concentrou os seus ataques no territorio arredor de Benevento e Aiulfo respondeu capturando Bari. Bari foi retomada nese mesmo ano.
Aiulfo tamén tivo que se enfrontar cunha invasión do Ducado de Nápoles.
Categoría:Longobardos Categoría:Duques de Benevento Categoría:Finados en 891