Nicolas Kim Coppola, nado o 7 de xaneiro de 1964 en Long Beach (California), máis coñecido como Nicolas Cage, é un actor estadounidense gañador do Oscar e do Globo de Ouro.

Traxectoria Nacido en Long Beach (California) o 7 de xaneiro de 1964, é sobriño do director e produtor Francis Ford Coppola e curmán de Sofia Coppola.

Fillo dun profesor de literatura e dunha bailarina e coreógrafa, poida que o que máis influíse en Nicolas Coppola á hora de dedicarse ó cine fose ser sobriño do prestixioso director Francis Ford Coppola. Aínda así, decidiu cambiar o seu apelido polo de Cage para evitar que a fama do seu tío marcase a súa carreira.

O apelido "Cage" extraeuno dos cómics de Marvel, dun personaxe chamado Luke Cage, tamén coñecido como Power Man. Nicolas Cage é un grande amante dos cómics; tal é así que chegou a pór a un fillo seu o nome de Kal-El (nome kryptoniano de Superman) e interpretou a Ghost Rider, personaxe tamén dun cómic da Marvel.

Recibiu o premio Oscar en 1996 como mellor actor pola película Leaving Las Vegas (1995).

Filmografía

Best of Times (1981) Fast Times at Ridgemont High (1982) Valley Girl (1983) Rumble Fish (1983) Racing with the Moon (1984) The Cotton Club (1984) Birdy (1984) The Boy in Blue (1986) Peggy Sue casou (1986) Raising Arizona (1987) Moonstruck (1987) Never on Tuesday drink black coffee (1988) (Cameo) Vampire's Kiss (1989) Time to Kill (1990) Fire Birds (1990) Wild at Heart (1990) Zandalee (1991) Red Rock West (1992) Honeymoon in Vegas (1992) Deadfall (1993) Amos & Andrew (1993) Red Rock West (1993) A Century of Cinema (1994) (documental) Guarding Tess (1994) It Could Happen to You (1994) Trapped in Paradise (1994) Kiss of Death (1995) Leaving Las Vegas (1995) The Rock (1996) Sean Connery, an Intimate Portrait (1997) (documental) Con Air (1997) Face/Off (1997) City of Angels (1998) Snake Eyes (1998) Junket Whore, amanda (1998) (documental) 8mm (1999) Bringing Out the Dead (1999) The Family Man (2000) Gone in 60 seconds (2000) Welcome to Hollywood (2000) (documental) Italian Soldiers...in russia (2001) (documental) La mandolina del capitán Corelli (2001) Christmas Carol: The Movie (2001) (voz) Windtalkers (2002) Sonny (2002) (tamén director e produtor) Adaptation (2002) Matchstick Men (2003) National Treasure (2004) O señor da guerra (2005) (tamén produtor) The Weather Man (2005) World Trade Center (2006) The Wicker Man (2006) (tamén produtor) Ant Bully, benvido ao formigueiro (2006) (voz) Amarillo Slim (2006) (tamén produtor) Time Share (2006) (tamén produtor) Ghost Rider (2007) Next (2007) National Treasure: Book of Secrets (2007) Roman Polanski: Wanted and Desired (2008) The Bad Lieutenant: Port of Call New Orleans (2009) Kick-Ass (2010) Furia cega (2011) Seeking Justice (2011) Stolen (2012) The Croods (2013) Rage a.k.a. Tokarev (2014) Pay the Ghost (2015) USS Indianapolis: Men of Courage (2016)

Premios

Oscars

Ano Categoría Película Resultado2002Oscar ó mellor actorAdaptationCandidato1995Oscar ó mellor actorLeaving Las VegasGañador

Globos de Ouro

Ano Categoría Película Resultado2002Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalAdaptationCandidato1995Globo de Ouro ó mellor actor - DramaLeaving Las VegasGañador1992Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalHoneymoon in VegasCandidato1987Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalMoonstruckCandidato

Véxase tamén

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Long Beach Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Óscar ó mellor actor