A LXII edición da Vuelta a España dispútase desde o 1 ata o 23 de setembro de 2007 entre as localidades de Vigo e Madrid, cun percorrido total de 3.241 km para completar a Volta. Foi gañada polo ruso Denis Menchov.
Percorrido miniatura|esquerda|230px|Percorrido da Vuelta 2007 A proba ten 11 tiradas chas, 8 de media e alta montaña, 2 cronos individuais e que fan 74 km, 4 chegadas no alto, 3 portos de categoría especial, 6 de 1ª categoría, 15 de 2ª caregoría e 18º de 3ª categoría.
A Volta ten 9 tiradas con saída inédita (Allariz, Viveiro, Langreu, Calahorra, D.O. Cariñena, Oropesa, Algemesí, Hellín e Villacarrillo). Estas tres últimas vilas españolas serán ademais final inédito, a canda Torre-Pacheco.
É a sexta vez que a Volta principia en Galicia, das cales unha foi en Santiago de Compostela (1982), dúas na Coruña (1989) e (1993), e tres en Vigo (1965, 1967 e 2007). A Volta pasou por Galicia, con esta, en 17 das 62 edicións. Delas, 12 veces tivo chegada en Vigo (1936, 1941, 1942, 1947, 1960, 1965, 1967, 1980, 1987, 1989, 1993, 2007), e 11 saída desa cidade (as mesmas agás 1987). Santiago de Compostela foi catro veces saída (1942, 1980, 1982, 1985) e cinco veces chegada (1942, 1982, 1985, 1989 e 2007).
De Viveiro e Allariz nunca saíra nin chegara a Vuelta antes desta edición.
Galegos na Vuelta Nesta edición da Volta haberá seis ciclistas galegos, o que supón unha cifra récord. Iso é en boa parte así grazas á participación do primeiro equipo profesional de ciclismo galego, o Karpin Galicia, que se estrea na Volta a España mercé a un convite da organización. Ademais dos cinco galegos que integran o Karpin (Gustavo César Veloso, Gustavo Domínguez Lemos, David García Dapena, Ezequiel Mosquera e Serafín Martínez Acevedo), participou tamén como líder do seu equipo o Illes Balears-Caisse d'Epargne, Óscar Pereiro.
Óscar Pereiro sufriu unha gastroenterite pola que tivo que retirarse na tirada novena, a primeira das pirenaicashttp://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=85&idNoticia=207519 Menchov logra os galóns. Galicia-Hoxe.. Serafín Martínez Acevedo abandonou na tirada décimo cuarta, logo de que vestise o mailló de líder da montaña nas primeiras xornadas e de que se mantivese na parte alta desta clasificación ata o seu abandono.
Tiradas TiradaDataPercorridoKmGañador da tiradaLíder da clasificación xeral 1ª etapa 1 de setembro Vigo-Vigo 145 Daniele Bennati • Lampre Daniele Bennati • Lampre 2ª etapa 2 de setembro Allariz-Santiago de Compostela 150 Óscar Freire • Rabobank Óscar Freire • Rabobank 3ª etapa 3 de setembro Viveiro-Luarca 155 Paolo Bettini • Quick Step Óscar Freire • Rabobank 4ª etapa 4 de setembro Langreu-Lagos de Covadonga 182 Vladimir Efimquin • Caisse d'Epargne Vladimir Efimquin • Caisse d'Epargne 5ª etapa 5 de setembro Cangas de Onís-Reinosa 155 Óscar Freire • Rabobank Vladimir Efimquin • Caisse d'Epargne 6ª etapa 6 de setembro Reinosa-Logroño 195 Óscar Freire • Rabobank Vladimir Efimquin • Caisse d'Epargne 7ª etapa 7 de setembro Calahorra-Zaragoza 140 Erik Zabel • Milram Vladimir Efimquin • Caisse d'Epargne 8ª etapa 8 de setembro D. Orixe Cariñena-Zaragoza 49 (contra o reloxo) Bert Grabsch • T-Mobile Stijn Devolder • Discovery Channel 9ª etapa 9 de setembro Huesca-Cerler 174 Leonardo Piepoli • Saunier Duval Denis Menchov • Rabobank 10ª etapa 10 de setembro Benasque-Ordino Arcalís 220 Denis Menchov • Rabobank Denis Menchov • Rabobank 11ª etapa 12 de setembro Oropesa-Algemesí 190 Alessandro Petacchi • Milram Denis Menchov • Rabobank 12ª etapa 13 de setembro Algemesí-Hellín 167 Alessandro Petacchi • Milram Denis Menchov • Rabobank 13ª etapa 14 de setembro Hellín-Torre-Pacheco 150 Andreas Klier • T-Mobile Denis Menchov • Rabobank 14ª etapa 15 de setembro Porto Lumbreras-Villacarrillo 205 Jason McCartney • Discovery Channel Denis Menchov • Rabobank 15ª etapa 16 de setembro Villacarrillo-Selecta 205 Samuel Sánchez González • Euskaltel-Euskadi Denis Menchov • Rabobank 16ª etapa 18 de setembro Xaén-Puertollano 165 Leonardo Duque • Cofidis Denis Menchov • Rabobank 17ª etapa 19 de setembro Cidade Real-Talavera de la Reina 180 Daniele Bennati • Lampre Denis Menchov • Rabobank 18ª etapa 20 de setembro Talavera de la Reina-Ávila 154 Luís Pérez • Andalucía Cajasur Denis Menchov • Rabobank 19ª etapa 21 de setembro Ávila-Alto de Abantos 135 Samuel Sánchez González • Euskaltel-Euskadi Denis Menchov • Rabobank 20ª etapa 22 de setembro Collado Villalba 25 (contra o reloxo) Samuel Sánchez González • Euskaltel-Euskadi Denis Menchov • Rabobank 21ª etapa 23 de setembro Rivas Vaciamadrid-Madrid 100 Daniele Bennati • Lampre Denis Menchov • Rabobank
Etapas clave da Volta a España 2007 miniatura|esquerda|300px|Saída neutralizada no cruzamento dos Choróns (Vigo) miniatura|dereita|250px|Oscar Freire de amarelo no podio da 2ª etapa con final en Santiago A proba comezará cunha tirada completa en liña (nin contra o reloxo nin prólogo), o que non se facía dende 1998. A 4ª etapa ascéndese ó porto asturiano dos Lagos de Covadonga. A seguinte etapa chega a Reinosa e constará de 4 portos, un deles, La Palombera, que será de 1º categoría e a só 18 km de meta. A primeira crono disputarase en Zaragoza sobre 49 km. Os escaladores atopáranse con dúas tiradas de alta montaña seguidas nos Pireneos. Na primeira delas ascenderán catro portos: Monrepos, Serrablo, Foradad e a ascensión final a Cerler. Ó día seguinte será a etapa máis longa e terán que subir Fayas, Perves, Cantó e a ascensión final a Ordino-Arcalís.
A segunda parte da Volta será máis levadía por terras levantinas e murcianas ata chegar a Andalucía. A 14º tirada disputarase na Serra de Cazorla, onde se ascenderán 3 portos. A 15º etapa chegarase á provincia de Granada, onde os ciclistas defrontarán, como nas últimas dúas edicións, a ascensión do Monachil. A 16ª xornada terá tres portos e chegarase a Castela-A Mancha. A 18ª xornada chegarase a Ávila, ascendendo Mijares e Navalmoral. Ó día seguinte chegarase ó Alto de Abantos, como a última etapa con final no alto. Está etapa constará de 6 portos e Abantos subirase dúas veces. O penúltimo día haberá unha contra o reloxo clásica de 25 km por Collado Villalba e a Volta terminará ó día seguinte no Paseo de la Castellana en Madrid.
Os portos da Volta a España 2007 TiradaPortos 1 Alto de San Cosme (380 m, 3º) 2 Alto do Paraño (800 m, 3º) 3 A Cruz da Campa (300 m, 3º) 4 La Llama (425 m, 3º) | Lagos de Covadonga (1.100 m, especial) 5 Collado de Ozalba (560 m, 2º) | Collado de Carmona (620 m, 2º) | Palombera (1.230 m, 1º) 6 Alto de Cerceda (730 m, 3º) 9 El Serrablo (1.290 m, 2º) | La Foradada (1.020 m, 2º) | Cerler (1.920 m, especial) 10 Perves (1.350 m, 2º) | Cantó (1.600 m, 1º) | Ordino-Arcalís (2.220 m, especial) 11 Porto Chirivilla (711 m, 2º) 13 Alto de Prego (460 m, 3º) 14 El Pinar (1.60 m, 2º) | Alto del Tronco (1.100 m, 2º) 15 Los Blancares (1.290 m, 3º) | Alto de Monachil (1.510 m, 1º) 16 Alto de la Sierra Madrona (960 m, 3º) | Los Rehoyos (980 m, 2º) 17 El Milagro (930 m, 3º) 18 Navalmoral (1.514 m, 2º) 19 Alto de Santa María de la Alameda (1.440 m, 2º) | Alto de Robledondo (1.400 m, 3º) | Alto de Abantos (1.650 m, 1º) | Alto de Robledondo (1.400 m, 3º) | Alto de Abantos (1.650 m, 1º)
Equipos participantes
Equipo Líder Ag2r Prévoyance José L. Arrieta Andalucía Cajasur Luis Pérez Bouygues Télécom Stef Clement Caisse d´Epargne Óscar Pereiro Cofidis Stéphane Auge Crédit Agricole Pietro Caucchioli Discovery Channel Janez Barajkovic Euskaltel-Euskadi Samuel Sánchez Française des Jeux Carlos da Cruz Gerolsteiner Markus Fothen Karpin Galicia Carlos Castaño Equipo Líder Lampre-Fondital Damiano Cunego Liquigas Manuel Beltrán Milram Alessandro Petacchi Predictor-Lotto Cadel Evans Quick Step-Innergetic Juan Manuel Gárate Rabobank Denis Menchov Relax Gam Daniel Moreno Saunier Duval-Prodir J. Á. Gómez Marchante Team CSC Carlos Sastre T-Mobile Adam Hansen Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da proba
Categoría:Vuelta a España Categoría:Ciclismo en 2007