Santiago Pérez Alonso, nado o 15 de xaneiro de 1972 en Vigo, é un atleta ourensán especializado nas probas de marcha.
Traxectoria deportiva Empezou de moi novo disputando xa probas de marcha e proclamouse campión de España de categorías de idade en varias ocasións. A partir de 1997 comezou a competir a alto nivel internacional, sempre na proba de longa distancia, a marcha de 50 km, e quedou 6º nos campionatos de Europa de Budapest de 1998. Ao ano seguinte, foi finalista nos mundiais de Sevilla.
Logo de atravesar distintas lesións que o mantiveron afastado da competición e que o privaron de acudir aos Xogos de Sydney, participou por primeira vez nunha final olímpica en Atenas 2004, obtendo o máis brillante resultado dun marchador galego na historia: o oitavo posto e diploma olímpico, cun tempo de 3:49'48".
Nos mundiais de Osaca dominou a proba durante o primeiro terzo, pero retirouse no km. 22 por un problema físico na súa perna dereita. miniatura|A cidade de Vigo ós seus atletas. Outros datos O seu club é o Ourense Academia Postal. O seu adestrador o español José Marín.
Foi internacional coa selección española en 16 ocasións. A súa mellor marca sobre os 50 kms é 3:45'55".
Desde o ano 2009 dirixe a escola galega de marcha, con sede en Pontevedra.
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Marchadores Categoría:Atletas de Galicia Categoría:Atletas olímpicos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1972 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2008