Kramer contra Kramer (en ) é un filme estadounidense dirixido por Robert Benton en 1979. É unha adaptación de Robert Benton da novela Kramer vs. Kramer de Avery Corman. O filme conta a historia do divorcio dun matrimonio e o impacto que este ten no seu fillo. Recibiu cinco Premios Oscar na 52ª edición dos Oscar nas categorías de mellor filme, mellor director, mellor actor, mellor actriz secundaria e mellor guión adaptado.

Estreouse en galego na TVG o 9 de abril de 2008.

Sinopse

Ted Kramer (Dustin Hoffman) é un home que antepón o seu traballo á súa familia. A súa esposa Joanna (Meryl Streep) non resiste máis esta situación e abandónao. Ted vese agora ante a necesidade de ocuparse da casa e, sobre todo, do seu pequeno fillo.

Logo dun tempo, cando Ted xa se desenvolve ben só, Joanna regresa e reclama a custodia do neno. Con todo, Ted non está disposto a separarse do seu fillo, de maneira que Joanna leva o asunto ante os tribunais, onde deberá decidirse quen dos dous obterá a custodia do fillo.

Personaxes Dustin Hoffman como Ted Kramer Meryl Streep como Joanna Kramer Justin Henry como Billy Kramer Jane Alexander como Margaret Phelps Petra King como Petie Phelps Melissa Morell como Kim Phelps Howard Duff como John Shaunessy George Coe como Jim O'Connor JoBeth Williams como Phyllis Bernard Howland Chamberlain como Xuíz Atkins Dan Tyra como Empregado do xulgado

Produción miniatura|esquerda|Varios lugares de Nova York foron utilizados coma localizacións, como por exemplo a praza Foley. Antes de seleccionar a Dustin Hoffman, os produtores consideraran darlle o papel a Al Pacino. Ademais, Jane Fonda rexeitou o papel interpretado finalmente por Meryl Streep.

Dustin Hoffman axudou en gran xeito ó actor novel Justin Henry, analizando e comentando con el cada escena antes da súa rodaxe.

O decorado do apartamento montado no interior do estudo tivo as medidas exactas resultantes do exterior do edificio que aparece na película. O director de fotografía, Néstor Almendros, utilizou nos interiores luz cenital e nos exteriores a luz dispoñible para as tomas.

A versión inicial tivo unha duración de 43 minutos adicionais respecto da duración definitiva. Suprimíronse sobre todo escenas con Jane Alexander e con JoBeth Williams.

Premios

Óscar 1979 Categoría Acode ResultadoMellor películaGañadorMellor directorRobert BentonGañadorMellor actorDustin HoffmanGañadorMellor actrizMeryl StreepGañadorMellor actor secundarioJustin HenryCandidatoMellor actriz secundariaJane AlexanderCandidatoMellor guión adaptadoRobert BentonGañadorMellor fotografíaNéstor AlmendrosCandidatoMellor montaxeGerald B. GreenbergCandidato

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1979 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Robert Benton Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de 1979 con versión en galego