25px|dereita|Cruz de Sant Jordi 2015|ligazón=Premio Creu de Sant Jordi Mercedes Sampietro Marro, nada en Barcelona o 24 de xaneiro de 1947, é unha actriz de cine, teatro, televisión e dobraxe catalá.

Traxectoria Iniciouse na interpretación en pequenas compañías de teatro catalás. En 1970 debutou no teatro como actriz profesional. No cine debutou sete anos máis tarde, con A un dios desconocido (1977), de Jaime Chávarri.

En 1980 participou en Gary Cooper que estás en los cielos, de Pilar Miró, directora con quen traballaría en ata cinco ocasións. A pesar da súa prolífica participación no cine español, tamén tivo tempo de alternar o cine co teatro e a dobraxe (foi a voz de Candice Bergen na serie Murphy Brown, entre outras), e participar en diversas teleseries catalás, como Nissaga de poder e actualmente Porca Misèria.

Foi Presidenta da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España desde novembro de 2003 ata decembro de 2006, deixando paso a Ángeles González Sinde, actual presidenta, e filla do primeiro presidente da Academia. Xa son catro mandatos consecutivos de mulleres presidindo a academia.

Membro do xurado do primeiro concurso de curtametraxes por móbil celebrado en Sant Feliu de Guixols en 2007.

Filmografía

2019

@buelos, de Santiago Requejo 2017 La senyora Florentina i el seu amor Homer 2016 Las Furias 2015 Hablar 2009 En el libro ámbar Gato por Goya 2008 Violetas Spleen 2007 La buena nueva A noite que deixou de chover El hombre de arena Vida de familia 2006 Va a ser que nadie es perfecto 53 días de invierno La edad de la peseta Salvador (Puig Antich), de Manuel Huerga 2005 Reinas, de Manuel Gómez Pereira Obaba, de Montxo Armendáriz Nordeste 2004 Inconscientes Febrer El año del diluvio (voz) Cuadrilátero 2003 Finding Nemo (voz) No matarás Bala perdida 2002 - Lugares comunes 2001 - Silencio roto, de Montxo Armendáriz 2000 Dinosaurio (voz) Nosotras Sé quién eres 1999 Cando volvas ó meu lado Las huellas borradas Tarzán (voz) Segunda piel Saïd 1998 - Bert 1997 - La herida luminosa 1995 - Historias del Kronen, de Montxo Armendáriz 1994 - Dame fuego 1993 - El pájaro de la felicidad, de Pilar Miró 1991 - Beltenebros (voz: versión en español), de Pilar Miró 1989 Montoyas y Tarantos La blanca paloma La banyera Caminos de tiza 1988 Sinatra Qui t'estima, Babel? Lluvia de otoño 1987 - Pehavý Max a strasidlá 1986 Werther, de Pilar Miró Virtudes Bastián 1985 Extramuros El anillo de niebla 1984 - La última rosa 1983 Percusión Vivir mañana 1982 Estoy en crisis Hablamos esta noche La leyenda del tambor El ser 1980 Gary Cooper, que estás en los cielos, de Pilar Miró El crimen de Cuenca, de Pilar Miró 1978 - ¿Qué hace una chica como tú en un sitio como éste? 1977 - A un dios desconocido

Teatro Roberto Zucco (2005) (Intérpretes: Álex Amaral, Marina Andina, María Asquerino, Celia Bermejo, Arturo Bernal, Ana Burrell, Cesáreo Estébanez, Cristina Fenollar, Aida Folch, Patxi Freytez, Pep Guiñol, Iván Hermes, Paco Lahoz, Daniel Llobregat, Teresa Lozano, Carmen Machi, Antonio Medina, Manuel Millán, Vázquez, Carles Moreu, Antonio Requena, Mercedes Sampietro, Miguel Zúñiga, Claudio Sierra, Gloria Vega, Walter Vidarte). Danza Macabra (2003-2004) Intérpretes: José Sacristán Mercedes Sampietro Juan Gea

Premios 1980: Bronce e Fotogramas de Prata por Gary Cooper que estás en los cielos 1981: Festival de Moscova, mellor actriz por Gary Cooper que estás en los cielos. Festival de Taormina, mellor actriz por Gary Cooper que estás nos ceos. 1985: Festival de Donostia, mellor actriz por Extramuros. 1987: Premio da Asociación de Cronistas do Espectáculo de Nova York por Extramuros. 1993: Semana do cine Naval de Cartaxena, mellor actriz por El pájaro de la felicidad. 1994: Festival de cine de Bérgamo, mellor actriz por El pájaro de la felicidad. 2003: Premio Goya á mellor actriz por Lugares comunes.

Categoría:Actores de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1947 Categoría:Premio Creu de Sant Jordi