Lifou ou Drehu no idioma local é a illa máis grande, máis populosa e máis importante das Illas da Lealdade (îles Loyauté) en Nova Caledonia un territorio de ultramar de Francia no océano Pacífico. Ten unha superficie de 1207´1 Km², e unha altura máxima de 104 m., a súa poboación era de 9.275 habitantes, censo do 2014.

Antecedentes En primeiro lugar descuberto polo francés Dumont d'Urville en 1857, foi pronto visitado polos baleeiros e comerciantes, e converteuse nun destino para os misioneiros protestantes e católicos para salvar ás almas das poboacións locais. En 1864 as illas foron anexadas por Francia, que á súa vez a estableceu como unha reserva aborixe. xa que non se cría adecuada para unha extensa colonización.

Administración A illa forma parte da comuna (municipio) de Lifou, na provincia das Illas da Lealdade de Nova Caledonia. O centro administrativo da comuna atópase en Wé, no lado leste da illa de Lifou, na baía de Chateaubriand. A moeda local é o franco CFP (Franco francés do Pacífico).

Xeografía left|miniatura| Lifou desde o espazo, novembro de 1990

De forma irregular, a illa de Lifou ten 81 km. de longo e de 16 a 24 km. de largo. A illa é plana, sen outeiros ou ríos, pero ten vexetación abundante, densas selvas interiores, chans fértiles, cantís en socalcos e impresionantes arrecifes e corais.

A illa de Lifou era un antigo atol coralino que formaba parte dun volcán mergullado. Fai case 2 millóns de anos, a illa emerxeu á súa forma e altura actual, hoxe séntase nos 60 m de media sobre o nivel do mar, no seu punto máis alto acada os 104 m.. Posto que non hai ríos en Lifou, a auga provén da choiva que penetra a través do seu chan calcario e forma estanques de auga doce.

Alimentación Coas súas ricas augas do Pacífico os peixes, incluíndo cangrexos, lagostas, e tartarugas atópanse en abundancia, xunto con animais típicos criados como cabras, porcos e polos. Os cultivos inclúen coco, banano, taro, batata, ñame e a vainilla. Mentres que a introdución francesa do cultivo de café permanece.

Economía O turismo é unha industria importante na illa. As principais exportacións inclúen copra, caucho, vainilla e cana de azucre.

Cultura O termo Kanak utilízase para chamar aos nativos das illas e a súa lingua materna da illa é o Drehu, descenden dos melanesios e polinesios. Cun total de 19 tribos diversas que habitan as tres illas da lealdade, seis das cales están en Lifou.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Illas da Lealdade

Ligazóns externas Galería de imaxes de Lifou Turismo nas illas da Lealdade

Categoría:Nova Caledonia Categoría:Illas do Pacífico Categoría:Illas de Francia