O Club Atlético dos Castros é un club de fútbol galego do barrio dos Castros da cidade da Coruña. Fundouse en 1944 e chegou a ter dúas seccións deportivas en activo, unha de fútbol e outra de hóckey, aínda que a sección de hóckey xa non existe.

Historia

Inicios (1944-1956) A creación do club ten lugar despois dunha serie de reunións mantidas no Bodegón do barrio herculino e baixo o impulso de Francisco Novo Lapido. O Centro Deportivo de Los Castros disputa o seu primeiro partido o 15 de agosto de 1944 dese mesmo ano fronte ao Galicia Gaiteira no recheo de San Diego. O club compite durante tres tempadas nas divisións locais. SEGUNDA REGIONAL CORUÑESA 1944-45 Resultados históricos del fútbol español (arquero-arba.futbolme.net)SEGUNDA REGIONAL CORUÑESA 1945-46 Resultados históricos del fútbol español (arquero-arba.futbolme.net)SEGUNDA REGIONAL CORUÑESA (CIUDAD, GRUPO 2) 1946-47 Resultados históricos del fútbol español (arquero-arba.futbolme.net) Após un ano de inactividade, en 1948 rexorde coa denominación Club Atlético de Los Castros, sendo presidente don Francisco Cortizas. Na seguinte tempada o equipo foi subcampión da Segunda División da Coruña, acadando o ascenso á Primeira División.SEGUNDA REGIONAL CORUÑESA (CIUDAD, FASE FINAL) 1949-50 Resultados históricos del fútbol español (arquero-arba.futbolme.net) En 1951 o club transfórmase en Centro Cultural y Deportivo de Los Castros, aínda que o equipo de fútbol mantén o seu nome fundacional. En 1954 a Federación Galega de Fútbol obriga a desaparecer cinco equipos da capital por falta de terreos de xogo, sendo este club un dos afectados pola medida. Dende ese intre os mozos do barrio agrúpanse nun equipo non federado chamado Suevia Club de Fútbol. Cando este desaparece en 1956, un grupo de socios reúnese para recuperar o fútbol federado no barrio. creándose unha comisión xestora baixo a presidencia de Gonzalo Rey Precedo, escollendo como nome Club Atlético Los Castros e solicitando xogar na Liga das Mariñas, aínda que finalmente o club acaba encadrado na liga da capital herculina.

Liga de modestos da Coruña (1956-1991)

Na tempada 1959–60 o club ascende á Primeira División marcando un fito no fútbol modesto coruñés ao quedar invicto nunha liga a dobre volta, gañando todos os partidos do seu grupo,SEGUNDA REGIONAL CORUÑESA (GRUPO 2) 1959-60 Resultados históricos del fútbol español (arquero-arba.futbolme.net) e proclamándose campión da Segunda División batendo 1-0 ao Galicia Gaiteira na final entre os campións dos dous grupos que compuñan a categoría. Alén diso, tamén se impuxo na Copa Liceo, logo de vencer por 3-0 ao Santa Margarita, campión da Primeira División.

O día 21 de maio de 1961, durante un partido xogado no antigo campo de adestramento de Riazor, os xogadores dos Castros negáronse a seguir disputando o encontro. En protesta pola arbitraxe, os xogadores sentaron no campo e non se moveron do sitio, o que provocou unha forte goleada e unha sanción de perda de puntos. A partir deste incidente o equipo comeza a remontar e na segunda volta gaña a maioría dos partidos, conseguindo finalmente salvar a categoría tras derrotar na promoción ao Sin Querer SD.PRIMERA REGIONAL CORUÑESA (CIUDAD) 1960-61 Resultados históricos del fútbol español (arquero-arba.futbolme.net) Na tempada 1963–64 o club descende á Segunda División ao perder a promoción contra o Galicia Gaiteira.PRIMERA REGIONAL CORUÑESA (Ciudad) 1963-64 Resultados históricos del fútbol español (arquero-arba.futbolme.net) Ao ano seguinte o equipo encadea outro descenso,SEGUNDA REGIONAL CORUÑESA (CIUDAD) 1964-65 Resultados históricos del fútbol español (arquero-arba.futbolme.net) mais o seu paso pola Terceira é curto e ascende á Segunda nunha soa tempada tras rematar subcampión da Terceira División 1965-66.TERCERA REGIONAL CORUÑESA 1965-66 Resultados históricos del fútbol español (arquero-arba.futbolme.net) Na seguinte tempada o club chega ata os cuartos de final da Copa da Coruña, caendo ante o Santa Margarita. En 1974 o equipo remata campión da Segunda División,MODESTOS CORUÑESES (SEGUNDA) 1973-74 Resultados históricos del fútbol español (arquero-arba.futbolme.net) co que logra o retorno á Primeira, e conquista novamente a Copa Liceo logo de vencer por 5-1 ao Club Deportivo Ciudad, campión da Primeira División.

Durante os vindeiros anos o club encadea varios ascensos e descensos nun intervalo de poucas tempadas. O equipo ascende ao proclamarse campión da Segunda División na tempada 1979-80. Esa mesma tempada acada os cuartos de final da Copa da Coruña, onde foi eliminado pola SD Órdenes. Na tempada 1981-82 o club descende á Segunda División. Ao ano seguinte volve ascender tras un empate a ceros fronte ao Batallador que lle daba os puntos necesarios para ascender na derradeira xornada do campionato, mais a estancia en Primeira é curta, pois volve descender outra vez na tempada seguinte ao perder na promoción. En 1989, ao mando de Tito Sanguiñedo, o equipo remata subcampión da Segunda División e volve ascender á Primeira cinco anos despois. O club remata terceiro na Primeira División 1990-91.

Competicións autonómicas (a partir de 1991)

En 1991 o club transita da competición de fútbol local á competición a nivel nacional, quedando encadrado na Terceira Autonómica. Na tempada 1993-94 o club queda subcampión da Terceira Autonómica.TERCERA REGIONAL GALLEGA (GRUPO 1) 1993-94 Resultados históricos del fútbol español (arquero-arba.futbolme.net) mais non logra o ascenso na promoción fronte o Montañeros. Na tempada 1996–97 o club volve rematar subcampión da Terceira Autonómica e clasifícase para xogar unha promoción entre clubs dos grupos I e II.TERCERA REGIONAL GALLEGA (GRUPO 2) 1996-97 Resultados históricos del fútbol español (arquero-arba.futbolme.net) Desta volta gaña a promoción e consegue o ascenso á Segunda Autonómica,TERCERA REGIONAL GALLEGA (FASE DE ASCENSO) 1996-97 Resultados históricos del fútbol español (arquero-arba.futbolme.net) aínda que o seu paso pola categoría é breve e logo descende. Na súa volta á Terceira Autonómica, remata terceiro do seu grupo, clasifícándose novamente para unha promoción entre clubs dos grupos I e II, tal e como acontecera dous anos antes,TERCERA REGIONAL GALLEGA (GRUPO 2) 1998-99 Resultados históricos del fútbol español (arquero-arba.futbolme.net) mais nesta ocasión remata sétimo na fase final e non consegue o ascenso.TERCERA REGIONAL GALLEGA (FASE DE ASCENSO CIUDAD DE A CORUÑA) 1998-99 Resultados históricos del fútbol español (arquero-arba.futbolme.net)

O 31 de xullo de 2007 a xunta directiva trocou o nome do club a Club Atlético dos Castros, denominación correcta en galego segundo a normativa lingüística. En lembranza do falecido Arturo Varela Canosa, que estivo ligado ao club durante máis de 30 anos en diversos cargos técnicos e directivos, o club organizou en 2012 o I Memorial Arturo Varela Canosa, torneo de fútbol base en homenaxe á súa figura. En 2013 o equipo de afeccionados imponse no grupo I da Terceira Autonómica, obtendo o campionato e mailo ascenso directo á Segunda Autonómica. En 2016 descende á Terceira Autonómica malia rematar undécimoSEGUNDA AUTONÓMICA GALLEGA (GRUPO 1) 2015-16 Resultados históricos del fútbol español (arquero-arba.futbolme.net) debido á unha reestruturación da Segunda Autonómica.Circular nº3 Propuestas Aprobadas en al Asamblea General 2015 Federación Galega de Fútbol

Uniforme A camisola tradicional do club é branca cunha franxa azul diagonal coma a da bandeira de Galiza. A orientación da franxa ten sufrido variacións, levándoa no sentido da bandeira galega ou no da franxa do escudo do club (oposto ao da bandeira) segundo a época.

Primeiro equipamento: Camisola branca cunha franxa diagonal azul que comeza no ombreiro esquerdo e cae cara ao extremo inferior dereito, pantalón branco e medias brancas. Segundo equipamento: Camisola negra cunha franxa diagonal azul que comeza no ombreiro esquerdo e cae cara ao extremo inferior dereito, pantalón branco e medias brancas.

Escudo O escudo do club fórmano unha peza branca dividida pola metade por unha liña diagonal azul como a da bandeira galega e a da camisola do club. Nesta liña diagonal pódense ler as siglas do nome do club (C.A.C.). Na parte superior da dita banda azul hai un balón de fútbol regulamentario dos anos cincuenta, e na inferior atópase a Torre de Hércules, faro romano símbolo da cidade da Coruña.

Xogadores Os xogadores con maior traxectoria da historia do club foron Julio Otero, que chegou a xogar sete tempadas co Celta de Vigo na Primeira División e posteriormente no Real Betis en Segunda, e Alberto Fernández “Firi”, que xogou no Pontevedra CF que acadou o ascenso á Primeira División por primeira vez na súa historia ao se proclamar campión da Segunda División 1962/63.

Traxectoria TempadaCategoríaPostodesde 45/46Div. Modestos—ata 90/91Div. Modestos—1991/923ª Autonómica8º1992/933ª Autonómica5º1993/943ª Autonómica2º1994/953ª Autonómica6º1995/963ª Autonómica5º1996/973ª Autonómica2º 10px|ascendido1997/982ª Autonómica16º 10px|descendido1998/993ª Autonómica3º1999/003ª Autonómica5ºTempadaCategoríaPosto2000/013ª Autonómica13º2001/023ª Autonómica9º2002/033ª Autonómica11º2003/043ª Autonómica11º2004/053ª Autonómica12º2005/063ª Autonómica8º2006/073ª Autonómica4º2007/083ª Autonómica12º2008/093ª Autonómica7º2009/103ª Autonómica5º2010/113ª Autonómica10ºTempadaCategoríaPosto2011/123ª Autonómica8º2012/133ª Autonómica1º 10px|ascendido2013/142ª Autonómica12º2014/152ª Autonómica14º2015/162ª Autonómica11º 10px|descendido2016/173ª Galicia4º2017/183ª Galicia8º2018/193ª Galicia6º2019/203ª Galicia1º 10px|ascendido2020/212021/222ª Galicia4º

Palmarés Terceira Galicia (2): 2012-13, 2019-20 Segunda División de Modestos da Coruña (3): 1959–60, 1973–74, 1979–80 Copa Liceo (2): 1960, 1974

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio Web oficial

Castros