Os Premios de Teatro María Casares ao mellor vestiario outórgaos a Asociación de Actores e Actrices de Galicia aos mellores traballos nesa especialidade teatral da temporada anterior.
Os galardóns Os Premios María Casares galardoaron na categoría de mellor vestiario os seguintes profesionais:
1997. Suso Montero por Escola de bufóns (Ollomoltranvía) 1998. Isabel Vázquez por O barbeiro de Sevilla (Librescena) 1999. Carmela Montero por Tics (Sarabela Teatro) 2000. Gilda Bonpresa por Si o vello Simbad volvese ás illas... (Centro Dramático Galego) 2001. Carlos Rodríguez por O lapis do carpinteiro (Sarabela Teatro) 2002. Carlos Alonso por Fausto (Teatro de Ningures) 2003. Carlos Alonso por Momo (Teatro do Morcego) 2004. Carlos Alonso por A comedia do gurgullo (Centro Dramático Galego) e Teté Seoane por Así que pasen cinco anos (Sarabela Teatro) 2005. Carlos Alonso por O ano do cometa (Centro Dramático Galego) 2006. Carlos Alonso e Ruth Díaz por O heroe (Sarabela Teatro) e Tío Vania (A Factoría Teatro) 2007. Paco Conesa por Imperial Café Cantante (Teatro do Noroeste) 2008. Gilda Bonpresa por Noite de reis. Ou o que queirades (Centro Dramático Galego) e La Canalla por O burgués fidalgo (Teatro do Morcego) 2009. Carlos Alonso por Unha primavera para Aldara (Teatro do Atlántico). 2010. Cloti Vaello por Bicharada (Berrobambán) 2011. Carlos Alonso por Trogloditas (Tanxarina)Os XV Premios de Teatro María Casares foron a gran festa da escena galega, web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, 25/3/2011.. 2012. Carlos Alonso por A ópera dos tres reás (Centro Dramático Galego) 2013. Suso Montero por Viaxe a ningunha parte (Sarabela Teatro) e Uxía Vaello, por Tokio 3, de Voadora. 2014. Uxía Vaello por Waltz (Voadora) 2015. Yaiza Pinillos por Perplexo (ilMaquinario Teatro) 2016. Marián Bañobre por O furancho (Ibuprofeno Teatro) 2017. Mari Seoane por Voaxa e Carmín (ButacaZero e Eme2) 2018. Suso Montero por A cabeza do dragón (Producións Teatrais Excéntricas) 2019. Suso Montero por Commedia (Contraproducións) 2020. Carlos Pinilla por Despois das ondas (ButacaZero) 2021. Diego Valeiras por Dreaming Juliet (Elefante Elegante) 2022. Silvia Delagneau, por Othello, de Voadora. 2023. Carlos Alonso por O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas 2026: Carolina Díguele, por Alta costura.
As profesionais máis premiadas Carlos Alonso conseguiu o galardón en nove ocasións e Suso Montero en catro, mentres que Gilda Bonpresa e Uxía Vaello recibírono en dúas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Información sobre todas as edicións dos Premios na páxina da AAAG Asociación de Actores e Actrices de Galicia
!