Jordi Sevilla Segura, nado en Valencia o 19 de marzo de 1956, é un político español membro do PSOE e economista, foi Ministro de Administracións Públicas do Goberno de España (2004-2007). Traxectoria

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Valencia, é funcionario por oposición, pertence ao Corpo Superior de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado. Ademais está casado e ten tres fillos.

Entre 1985 e 1991 foi asesor de Relacións Económicas Internacionais do gabinete da Presidencia do Goberno. De 1991 a 1993 foi Xefe do gabinete do Ministro de Agricultura. De 1993 a 2000 Director do gabinete do Ministro de Economía e Facenda.

Entre 1998 e 2000 foi asesor do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso. Desde marzo de 2000 foi deputado no Congreso pola provincia de Castelló e desde xullo de 2000 Secretario de Política Económica e Ocupación da Comisión Executiva Federal do PSOE.

O 18 de abril de 2004, coa vitoria do partido socialista nas eleccións xerais, foi nomeado Ministro de Administracións Públicas. O 6 de xullo de 2007 foi relevado do cargo de Ministro de Administracións Públicas, sendo substituído pola anterior titular do Ministerio de Sanidade, Elena Salgado. Obra Balance y perspectivas de las relaciones Norte-Sur (1993) La economía española ante la moneda única (1997) De nuevo socialismo (2002)

Publicou dúas novelas negras: La joven de la foto (2009) e El valle de los olvidos (2011), as dúas protagonizadas polo detective Ricki Trullos.

Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Jordi Sevilla

Categoría:Economistas de España Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores da Comunidade Valenciana Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1956 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)