Fernando Gabriel Cáceres, chamado o Negro, ou o Negro Cáceres, nado en San Isidro (Buenos Aires) o 7 de febreiro de 1969, é un exfutbolista arxentino, que xogou no Celta de Vigo. A súa posición era de defensa.
Pasou por varios equipos na Primeira división arxentina e na Liga española na súa carreira, e tamén formou parte da selección do seu país.
Anos despois de abandonar a práctica activa do fútbol, en 2009, unhas persoas atacárono e disparárono na cabeza, o que lle causou danos irreparables que afectaron a súa mobilidade e capacidade sensorial.
Carreira Clubs Cáceres comezou a xogar ó fútbol como profesional no Argentinos Juniors e en 1991 foi transferido ó River Plate, onde gañou o seu primeiro título en 1991.
Despois, Cáceres marchou a España para xogar no Real Zaragoza de Víctor Fernández, onde gañou a Copa do Rei en 1994 e a Copa da UEFA en 1995.
Volveu a Arxentina por un breve período de tempo ó Boca Juniors antes de regresar de novo a España a finais de 1996 para xogar no Valencia. Alí estivo ata o final da tempada 1997-1998.
En 1998 Víctor Fernández, daquela adestrador do Celta, volveu a contar con el, que permanecería en Vigo ata 2004. Durante 6 temporadas no club disputou un total de 218 encontros en todas as competicións, anotando cinco goles.
Despois pasou nunha breve etapa polo Córdoba CF, equipo da Segunda División.
En 2004 volveu unha vez máis a Arxentina para xogar no Club Atlético Independiente, entrando a formar parte do selecto grupo de xogadores que xogaron no River Plate, no Boca Juniors e no Independiente.
En 2006, volveu ó Argentinos Juniors, o club onde comezara a súa carreira 20 anos antes.
Equipo nacional Cáceres gañou a Copa de América sub-17 en 1985. Coa selección absoluta formou parte do equipo que gañou a Copa América 1993 e a Copa do Mundo de 1994.
Títulos
Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoTorneo AperturaRiver PlateArxentina1991Copa do ReiReal ZaragozaEspaña1994
Copas internacionais
TítuloClubPaísAnoCampionato Suramericano Sub-17Selección de fútbol de Argentina sub-17Arxentina1985Copa AméricaSelección de fútbol de ArgentinaArxentina1993Recopa de EuropaReal ZaragozaEspaña1995Copa Intertoto da UEFACelta de VigoEspaña2000
Vida persoal
O 1 de novembro de 2009 Fernando Cáceres recibiu varios disparos durante un intento de asalto en Ciudadela (Arxentina). Ao parecer, unhas persoas intentaron roubarlle o coche que conducía; o futbolista resistiuse e foi tiroteado en varias partes do corpo, entre elas a cabeza. Como resultado dos disparos, entrou en coma, perdeu o ollo dereito, sufriu unha fractura na base do cranio e tivo lesións cerebrais que afectaron a súa capacidade sensorial e motriz.Fernando Cáceres, grave tras recibir un disparo no ollo as.comO ex xogador Fernando Cáceres, en estado grave tras ser tiroteado elpais.comCáceres, ex de Zaragoza, Valencia e Celta, en coma por un disparo no ollo marca.com Durante as horas seguintes ao incidente, os equipos médicos déronlle poucas posibilidades de vidaAseguran que Cáceres ten "poucas posibilidades de vida" as.com. O proxectil, que se achaba na rexión paratemporal dereita, non lle foi extraído pola dificultade da operación.Cáceres ten 'poucas posibilidades de vida' elmundo.es
A finais do mes dese mes de novembro quitáranlle a respiración artificial e o exfutbolista era quen de comunicarse por acenosFernando Cáceres xa respira polos seus propios medios www.marca.com. Fóralle colocada inicialmente unha peza metálica, pero o corpo de Cáceres rexeitouna e tivérono que operar de novo en 2010. A súa recuperación continuou e unha década despois, en 2019, difundiuse un vídeo de Cáceres aprendendo a camiñar de novo. Os medios tamén reportaban a súa capacidade de camiñar de maneira autónoma durante períodos limitados de tempo.
Como consecuencia do asalto foron detidos tres homes, menores de idade todos tres, acusados de participaren nel.En prisión preventiva tres menores polo tiroteo a Cáceres diariodesevilla.es Os dous máis vellos acadaron a maioría de idade antes de se celebrar o xuízo, onde foron condenados. O terceiro, que tiña 15 anos cando se produciron os feitos, non foi xulgado.
Notas
Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Argentinos Juniors Categoría:Xogadores do CA River Plate Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do CA Independiente Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Nados na provincia de Buenos Aires Categoría:Nados en 1969 Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América