Claude Makélelé Sinda, nado o 18 de febreiro de 1973 en Kinshasa, é un exfutbolista congolés, nacionalizado francés. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección francesa.
Traxectoria Naceu na República Democrática do Congo e transferiuse coa súa familia aos suburbios de París en 1977 á idade de 4 anos. O seu pai xogou na selección nacional do seu país e no campionato de fútbol belga.
Á idade de 16 anos trasladouse a Brest a unha escola de fútbol, de onde foi recrutado en 1992 polo Nantes, permanecendo alí ata 1997. Co equipo francés conquistou o título nacional en 1995, empezou a xogar na selección nacional e en 1997 pasou ó Olympique de Marsella (1997–98) onde quedou só unha tempada.
Logo foi transferido ó club galego Celta de Vigo, onde estivo dúas tempadas, fichando en 2000 polo Real Madrid, co que gañou dúas veces a Liga, unha Copa de Europa, unha Supercopa Española, unha Supercopa Europea e unha Copa Intercontinental.
En 2003 pasou ao Chelsea FC dirixido polo técnico Claudio Ranieri por unha cifra próxima ós 17 millóns de libras esterlinas. Co club inglés gañou a Premier League e a League Cup no 2005, repetindo o logro no campionato 2006.
Desde principios do 2004 ten unha relación coa modelo francesa Noémie Lenoir coa que tivo un fillo en febreiro de 2005 chamado Kelyan.
En agosto de 2007 Makélélé renovou o seu contrato co Chelsea. O novo contrato uniu ao centrocampista francés co club londiniense ata finais de xuño de 2009.
Selección nacional Coa Selección de fútbol de Francia xogou máis de 50 partidos, formando parte dela nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 e nos mundiais de fútbol Corea-Xapón 2002 e Alemaña '06.
Participacións en Copas do Mundo MundialSedeResultadoCopa Mundial de Fútbol de 2002Corea do Sur e o XapónPrimeira faseCopa Mundial de Fútbol de 2006AlemañaSubcampión
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoLigue 1NantesFrancia1995A LigaReal MadridEspaña2001Supercopa españolaReal MadridEspaña2001A LigaReal MadridEspaña2003Supercopa de EspañaReal MadridEspaña2003FA Premier LeagueChelseaInglaterra2005Community ShieldChelseaInglaterra2005Football League CupChelseaInglaterra2005FA Premier LeagueChelseaInglaterra2006Football League CupChelseaInglaterra2007 Copas internacionais TítuloClubPaísAnoCopa Intertoto da UEFACelta de VigoEspaña2000Liga de Campións da UEFAReal MadridEscocia2002Supercopa de EuropaReal MadridMónaco2002Copa IntercontinentalReal MadridXapón2002
(*) Incluíndo a Selección
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Futbolistas olímpicos de Francia Categoría:Futbolistas da República Democrática do Congo Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Nantes Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Chelsea FC Categoría:Xogadores do Paris Saint-Germain FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Kinshasa Categoría:Xogadores do Olympique de Marsella Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1996