María Soliño ou tamén María Soliña, nada no século XVI en Cangas de Morrazo, foi unha muller condenada polo tribunal inquisitorial acusada de practicar bruxería. Tras a súa morte, converteuse nun símbolo do sufrimento do pobo.Encarna Otero Cepeda, María Soliña Álbum de Mulleres, CCG.

Época Cangas era daquela unha importante vila mariñeira, en pleno auxe económico, con importantes ganancias económicas provenientes da pesca e do salgado do peixe. O 9 de decembro de 1617 un ataque dos piratas turcos en Cangas arrasa a vila e súmea nunha importante época de depresión económica en que os nobres temen perder as riquezas por mor da imposibilidade dos seus vasalos de pagarlles as rendas que esixían. Na dita invasión morren trinta e tres persoas, son capturadas preto de oitenta e deixan queimadas case duascentas casas e os aparellos de pesca e as barcas son esnaquizados. Como mostra da pobreza provocada pola invasión, un nobre do lugar envioulle unha carta ao rei para que liberase o pobo cangués de pagar os impostos durante un tempo e así permitir a rápida recuperación da zona.

Como mecanismo de defensa, os donos das terras forxan un plan, de acordo coa Inquisición para non perder o poderío económico que tiña desde había décadas. Ese plan era utilizar a Inquisición para denunciar as bruxas (xeralmente mulleres con posesións importantes, aínda que tamén se xulgaban pobres para non levantar sospeitas); a Inquisición e o nobre denunciante repartían as ganancias obtidas.

Traxectoria Descoñécese a data oficial da súa morte (de feito non hai partida de defunción). Casou con Pedro Barba, de profesión mariñeiro. Tivo fillos, pero descoñécese cantos. Posuía diversas riquezas, nomeadas máis adiante.

As súas posesións Casada cun dos homes máis importantes da vila, pasou a posuír os seus bens cando Pedro Barba morreu no ataque turco. Tiña unha casa de dous andares de pedra, varias leiras en posesión, unha dorna e, o máis importante, dereitos de presentación na colexiata de Santiago de Cangas e na igrexa de San Cibrán de Aldán.

Causas da acusación Á parte de ter unha gran fortuna, o mito di que toleou tras a morte do seu marido e os seus fillos na invasión de 1617. Ía cada noite á praia, escoitaba as ondas e paseaba pola area, lembrando os familiares mortos; esta foi causa abonda para sospeitar dela e iniciar o proceso.

Implicación na caza de bruxas Sendo como era unha das mulleres máis ricas da vila, deseguida chamou a atención dos nobres. Nove mulleres en total, entre elas Soliño, foron xulgadas e condenadas por diferentes acusacións relacionadas coa bruxaría. Cos datos necesarios atopados, e os que non, inventados, foi levada aos cárceres secretos do Santo Oficio.

Proceso penal María Soliño foi capturada e torturada ata que confesou ser bruxa dende había dúas décadas. Requisaron os seus bens e dereitos de presentación (que era o principal obxectivo do Santo Oficio) e condenárona a levar o hábito de penitente por seis meses, pero non se sabe se morreu antes ou despois do castigo, pois non hai acta de defunción. Por outra banda é presumible a súa morte pouco tempo despois da tortura xa que, con setenta anos, os danos físicos e psíquicos producidos nela non podían deixar de notarse.

María Soliño morreu pobre e soa pero sempre se mantivo na memoria colectiva, aínda que a súa imaxe se teña deformado como bruxa e tola.

Legado O poema de Celso Emilio Ferreiro "María Soliña" foi musicado por Antonio Paz Varela e interpretado entre outros por Carlos Núñez, Teresa SalgueiroCarlos Nuñez y Teresa Salgueiro. «María Soliña» ou Luar na Lubre.Luar Na Lubre - María Soliña - YouTube

En 2014 publicouse A voz do vento, de Pemón Bouzas, novela sobre o proceso a María Soliño.

A historia de María Soliño foi convertida nunha obra teatral polo dramaturgo Xosé Manuel Pazos. O músico Nacho Mañá adaptouna á ópera.

En 2020 Ignacio Vilar dirixiu o filme María Solinha.Maria Solinha

Un instituto de Cangas recibiu o nome de IES María SoliñoIES María Soliño e hai rúas co seu nome en Cangas,Asociación Cultural Folk Abaladoiro Oleiros,Hotel Portocobo CambadosMaría Pita, María Castaña y otras mujeres darán nombre a las calles del polígono industrial cambadés e Narón. En 2016 inaugurouse unha estatua na súa honra en Cangas.Cangas inaugura la escultura a María Soliño como símbolo del sufrimiento de mujeres

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Pazos, Xosé Manuel; Maria Soliña, peza de teatro. Marco, Aurora; Dicionario de mulleres galegas, Edicións A Nosa Terra, p. 414, 2007, ISBN 978-84-8341-146-9

"MARÍA SOLIÑA", Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Picouto, Millán; María Soliña, traxedia en cinco actos, na súa obra completa "O macrocosmos", Linteo, 2021. ISBN 978-84-123801-1-8

Outros artigos A paixón de María Soliña María Solinha (filme)

Ligazóns externas "As Meigas de Cangas e a Inquisición, María Soliña" Concello de Cangas. "María Soliña", poema de Celso Emilio interpretado por Amancio Prada. Fundación Celso Emilio Ferreiro.

Categoría:Nados no século XVI Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Finados no século XVI Categoría:Procesados pola Inquisición