A 78ª edición dos premios Óscar tivo lugar nunha cerimonia que se celebrou o 5 de marzo de 2006 no Teatro Kodak dos Ánxeles (Estados Unidos).
Casting da cerimonia Jon Stewart, mestre de cerimonias. Jack Nicholson, Oscar ó mellor filme. Tom Hanks, Oscar á mellor dirección. Hilary Swank, Oscar ó mellor actor. Jamie Foxx, Oscar á mellor actriz. Nicole Kidman, Oscar á mellor actriz secundaria. Morgan Freeman, Oscar ó mellor actor secundario. Uma Thurman, Oscar ó mellor guión orixinal. Dustin Hoffman, Oscar ó mellor guión adaptado. Reese Witherspoon, Oscar ó mellor filme de animación. Will Smith, Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa. Salma Hayek, Oscar á mellor banda sonora. Queen Latifah, Oscar á mellor canción. John Travolta, Oscar á mellor fotografía. Sandra Bullock e Keanu Reeves, Oscar á mellor dirección artística. Jennifer Aniston, Oscar ó mellor deseño de vestiario. Ziyi Zhang, Oscar á mellor montaxe. Jessica Alba e Eric Bana, Oscar á mellor edición de son. Jennifer Gardner, Oscar ó mellor son. Ben Stiller, Oscar ós mellores efectos visuais. Charlize Theron, Oscar ó mellor documental. Terrence Howard, Oscar ó mellor documental curto. Luke e Owen Wilson, Oscar á mellor curtametraxe. Meryl Streep e Lily Tomlin, Oscar Honorífico a Robert Altman. Naomi Watts, presentadora da canción do filme Transamerica. Dolly Parton, intérprete do tema do filme Transamerica. Jennifer Lopez, presentadora da canción do filme Crash. Bird York, intérprete do tema do filme Crash. Chris 'Lucradis', presentador da canción do filme Hustle & Flow. Three 6 Mafia, intérpretes do tema do filme Hustle & Flow. Rachel McAdams, presentadora dos premios científicos e técnicos. George Clooney, vídeo homenaxe ós falecidos durante o ano. Lauren Bacall, vídeo homenaxe ó cine negro. Russell Crowe, vídeo homenaxe aos filmes biográficos. Jake Gyllenhaal, vídeo dedicado ás grandes aventuras na gran pantalla. Samuel L. Jackson, vídeo homenaxe ós filmes de contido social. Will Ferrer Steve Carrel
Resumo da gala A actriz Mira Sorvino e o presidente da academia, Sid Ganis, leron as candidaturas correspondentes ó ano 2005 o 31 de xaneiro de 2006. Desde aquel momento varios medios prognosticaron unha gala máis politizada do habitual considerando que a máxima favorita da noite, Brokeback Mountain (Ang Lee), narraba a historia de amor entre dous pastores homosexuais.
Outra das candidatas, Capote, era un biopic sobre o famoso escritor cuxa inclinación sexual era idéntica á dos anteriores. A ese feito sumábase outra circunstancia: o filme narraba a investigación que Capote realizou para poder escribir In Cold Blood, unha novela en contra da pena de morte.
Xunto ós dous filmes citados, atopábase un filme que previña sobre os ataques á liberdade de expresión padecidos nos últimos tempos da man da administración Bush (Good Night, and Good Luck).
Crash pola súa banda pretendíase como un conto sobre as diferenzas racionais nos Ánxeles e sobre o desencontro das etnias.
Completaba o quinteto de afortunadas Munich, unha cinta que levantara ampolas tanto en xudeus como en palestinos, xa que a imaxe que se ofrece dos mesmos nesta reconstrución sobre a vinganza do goberno de Golda Meir contra os organizadores do secuestro e asasinato de 11 atletas durante as olimpíadas do 72 puña de relevo o seu desacordo no emprego da violencia. Ningunha das cinco tivo un éxito en portelo espectacular. De feito, ningunha das cinco filmes estaba entre os 40 filmes con maior recadación do ano nos Estados Unidos.
Aínda por riba, concorrían nesta edición unha intérprete, (Felicity Huffman), que defendía na cinta Transamerica o papel de transexual. A ela sumábaselle George Clooney, que sumaba catro candidaturas na mesma noite (produtor, guionista, director e actor), aínda que na última érao por un filme distinto, Syriana, un ataque contra a intervención da CIA nos países árabes. Ademais, outros dos filmes máis beneficiadas, The Constant Gardener, arremetía duramente contra o papel das empresas internacionais no terceiro mundo.
Un segundo factor -xunto ó carácter eticamente comprometido das candidatas- chamaba a atención: ningún filme podería arrasar. Os premios da crítica, os BAFTA, a Screen Actors Guild, os Globos de Ouro e os Satellite Awards sinalaban o filme de Ang Lee e o seu realizador como triunfadores dos dous principais premios.
A teor deses premios, Philip Seymour Hoffman, Reese Witherspoon e Rachel Weisz partían con vantaxe na categoría de intérpretes. O Óscar ó mellor actor secundario era o único que espertaba máis dúbidas. As multi-candidaturas de Clooney -sumadas á súa transformación física para Syriana e ó Globo de Ouro- facíano partir dun lugar privilexiado. Porén, tiña dous rivais especialmente fortes. O primeiro, Paul Giamatti, quedara ausente na gala anterior contra todo prognóstico e gozaba do apoio da Screen Actors Guild, aínda que tres circunstancias prexudicaban a súa carreira cara á figura: o seu filme (Cinderella Man) estreárase había tempo, a campaña de Giamatti foi escasa, e ademais o seu nome fora omitido nas candidaturas dos Premios BAFTA, nos cales votaban varios dos académicos que tamén elixían os triunfadores dos Óscars. Estes outorgaron o BAFTA ó mellor actor secundario a Jake Gyllenhaal fronte a George Clooney, manifestando que a pesar da "trampa" tendida pola produtora ó promovelo como secundario (Gyllenhaal era tan protagonista como Heath Ledger) se había algún membro do elenco de actores do filme a priori vencedor tiña posibilidades de éxito, este era Gyllenhaal, cuxo personaxe -un home sensible e valente- ademais coñecía un desenlace tráxico.
Ademais había 24 anos que non coincidían os filmes nomeados na categoría de mellor filme e mellor dirección.
Así as cousas a noite do 5 de marzo de 2006 empezaba con certa expectación. A este feito tamén contribuía o debut como mestre de cerimonias de Jon Stewart.
Candidaturas miniatura|150px|Paul Haggis, mellor guión orixinal e director do mellor filme miniatura|150px|Ang Lee, mellor director miniatura|150px|Philip Seymour Hoffman, mellor actor miniatura|150px|Reese Witherspoon, mellor actriz miniatura|150px|George Clooney, mellor actor secundario miniatura|150px|Rachel Weisz, mellor actriz secundaria miniatura|150px|Nick Park, mellor filme de animación miniatura|150px|Gavin Hood, mellor filme en lingua non inglesa miniatura|150px|Martin McDonagh, mellor curtametraxe de acción en vivo miniatura|150px|Gustavo Santaolalla, mellor música orixinal miniatura|150px|Richard Taylor, mellores efectos visuais Mellor filme Mellor director Crash – Paul Haggis e Cathy Schulman, produtores Brokeback Mountain – Diana Ossana e James Schamus, produtores Capote – Caroline Baron, William Vince e Michael Ohoven, produtores Good Night, and Good Luck – Grant Heslov, produtor Munich – Kathleen Kennedy, Steven Spielberg e Barry Mendel, produtores | valign="top" | Ang Lee – Brokeback Mountain Bennett Miller – Capote Paul Haggis – Crash George Clooney – Good Night, and Good Luck Steven Spielberg – Munich Mellor actor Mellor actriz Philip Seymour Hoffman – Capote como Truman Capote Terrence Howard – Hustle & Flow como DJay Heath Ledger – Brokeback Mountain como Ennis Del Mar Joaquin Phoenix – Walk the Line como Johnny Cash David Strathairn – Good Night, and Good Luck como Edward R. Murrow Reese Witherspoon – Walk the Line como June Carter Cash Judi Dench – Mrs Henderson Presents como Laura Henderson Felicity Huffman – Transamerica como Sabrina "Bree" Osbourne / Stanley Schupak Keira Knightley – Pride & Prejudice como Elizabeth Bennet Charlize Theron – En terra de homes como Josey Aimes Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria George Clooney – Syriana como Bob Barnes Matt Dillon – Crash como Officer John Ryan Paul Giamatti – Cinderella Man como Joe Gould Jake Gyllenhaal – Brokeback Mountain como Jack Twist William Hurt – A History of Violence como Richie Cusack Rachel Weisz – The Constant Gardener como Tessa Quayle Amy Adams – Junebug como Ashley Johnsten Catherine Keener – Capote como Nelle Harper Lee Frances McDormand – En terra de homes como Glory Dodge Michelle Williams – Brokeback Mountain como Alma Beers Del Mar Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado Crash – Paul Haggis e Robert Moresco Good Night, and Good Luck – George Clooney e Grant Heslov Match Point – Woody Allen The Squid and the Whale – Noah Baumbach Syriana – Stephen Gaghan Brokeback Mountain – Larry McMurtry e Diana Ossana baseado no relato de Annie Proulx Capote – Dan Futterman baseado no libro de Gerald Clarke The Constant Gardener – Jeffrey Caine baseado na novela de John le Carré A History of Violence – Josh Olson baseado na novela gráfica de John Wagner e Vince Locke Munich – Tony Kushner e Eric Roth baseado no libro Vengeance: The True Story of an Israeli Counter-Terrorist Team de George Jonas Mellor filme de animación Mellor filme en lingua non inglesa Wallace & Gromit – Nick Park e Steve Box Hauru no Ugoku Shiro – Hayao Miyazaki A noiva cadáver – Mike Johnson e Tim Burton Tsotsi (Suráfrica) – Gavin Hood La bestia nel cuore (Italia) – Cristina Comencini Joyeux Noël (Francia) – Christian Carion Paradise Now (Territorios palestinos) – Hany Abu-Assad Sophie Scholl – Die letzten Tage (Alemaña) – Marc Rothemund Mellor documental Mellor curtametraxe documental A viaxe do Emperador – Luc Jacquet e Yves Darondeau Darwin's Nightmare – Hubert Sauper Enron: The Smartest Guys in the Room – Alex Gibney e Jason Kliot Murderball – Henry Alex Rubin e Dana Adam Shapiro Street Fight – Marshall Curry A Note of Triumph: The Golden Age of Norman Corwin – Corinne Marrinan e Eric Simonson The Death of Kevin Carter: Casualty of the Bang Bang Club – Dan Krauss God Sleeps in Rwanda – Kimberlee Acquaro e Stacy Sherman The Mushroom Club – Steven Okazaki Mellor curtametraxe de ficción Mellor curtametraxe animada Six Shooter – Martin McDonagh Cashback – Sean Ellis e Lene Bausager The Last Farm – Rúnar Rúnarsson e Thor S. Sigurjónsson Our Time Is Up – Rob Pearlstein e Pia Clemente The Runaway (Ausreißer) – Ulrike Grote The Moon and the Son: An Imagined Conversation – John Canemaker e Peggy Stern 9 – Shane Acker Badgered – Sharon Colman The Mysterious Geographic Explorations of Jasper Morello – Anthony Lucas One Man Band – Andrew Jimenez e Mark Andrews Mellor banda sonora Mellor canción orixinal Brokeback Mountain – Gustavo Santaolalla The Constant Gardener – Alberto Iglesias Memorias dunha gueixa – John Williams Munich – John Williams Pride & Prejudice – Dario Marianelli "It's Hard out Here for a Pimp" de Hustle & Flow – Música e letra de Jordan Houston, Cedric Coleman e Paul Beauregard "In the Deep" de Crash – Música de Kathleen "Bird" York e Michael Becker; letra de Kathleen "Bird" York "Travelin’ Thru" de Transamerica – Música e letra de Dolly Parton Mellor edición de son Mellor son King Kong – Mike Hopkins e Ethan Van der Ryn Memorias dunha gueixa – Wylie Stateman War of the Worlds – Richard King King Kong – Christopher Boyes, Michael Semanick, Michael Hedges e Hammond Peek The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe – Terry Porter, Dean A. Zupancic e Tony Johnson Memorias dunha gueixa – Kevin O'Connell, Greg P. Russell, Rick Kline e John Pritchett Walk the Line – Paul Massey, D.M. Hemphill e Peter Kurland War of the Worlds – Andy Nelson, Anna Behlmer e Ron Judkins Mellor dirección de arte Mellor fotografía Memorias dunha gueixa – Dirección artística: John Myhre; decorados: Gretchen Rau Good Night, and Good Luck – Dirección artística: Jim Bissell; decorados: Jan Pascale Harry Potter e o Cáliz de fogo – Dirección artística: Stuart Craig; decorados: Stephenie McMillan King Kong – Dirección artística: Grant Major; decorados: Dan Hennah e Simon Bright Pride & Prejudice – Dirección artística: Sarah Greenwood; decorados: Katie Spencer Memorias dunha gueixa – Dion Beebe Batman empeza – Wally Pfister