Jesús Lista Neira, máis coñecido como Suso Lista, nado en Corme (Ponteceso) o 2 de abril de 1962, é un actor e escritor galego.
Traxectoria Pasou a súa infancia entre Corme e Cheste, Valencia. Aos 16 anos embarcou como mariño mercante e percorreu Europa e o norte de África. Aos 25 anos instalouse como percebeiro na súa localidade natal, traballando como percebeiro, actividade que combina coa participación como actor secundario en mais de 40 capítulos da serie Mareas vivas, tamén en películas para televisión como A rosa de Alexandría, Chapapote... o no ou A mariñeira de Quilmas, e foi protagonista de máis de 50 curtametraxes rodadas en Galicia e León. Foi guionista de curtas como A crise da pesca ou Matreros de medianoite, sendo tamén actor e guionista do documental Ida e volta, preseleccionado para os Premios Mestre Mateo 2007.
Ten un programa semanal na Radio Libre da Costa da Morte Radio Roncudo, chamado O Embigho do Fin do Mundo.
Filmografía incompleta Series e películas de Televisión Mareas vivas Rías Baixas Libro de familia Os Atlánticos Padre Casares Matalobos A rosa de Alexandría Chapapote... o no A mariñeira de Quilmas Para mariñeiros, nós (2010- )
Longametraxes A mariñeira (Antón Dobao, 2007) Cela 211 (Daniel Monzón, 2009)
Curtametraxes A crise da pesca Matreros de medianoite
Documentais Ida e volta
Obra literaria Narrativa Salseiros (2014). Ferrol: Edicións Embora. 184 páxs. ISBN 978-84-92644-19-7. Xeixos (2015). Ferrol: Edicións Embora. 112 páxs. ISBN 978-84-16456-02-4. Charamuscas (2017). Ferrol: Edicións Embora. 148 páxs. ISBN 978-84-16456-53-6. Como a roda do muíño (2020). Ferrol: Edicións Embora. 432 páxs. ISBN 978-84-17824-36-5. Novela. Travesía (2026). Ferrol: Edicións Embora. ISBN Ferrol: Edicións Embora. 13 relatos.
Premios literarios Premio da Audiencia do VII Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega no 2013, por O demo nunca dorme.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Suso Lista
Categoría:Actores de Ponteceso Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en Ponteceso Categoría:Nados en 1962