Xosé Luís Castro Veiga, Piloto, nado en Boelle (Arxemil, O Corgo) o 11 de febreiro de 1915 e finado en San Fiz de Asma (Chantada) o 10 de marzo de 1965, foi o derradeiro guerrilleiro da loita antifranquista, morto pola Garda Civil preto do encoro de Belesar.
Traxectoria Aos 16 anos ingresou na Aviación militar española (o que lle valeu o alcume de "Piloto") alcanzando o grao de cabo. Durante a guerra civil española desertou do bando nacional para loitar no republicano. Capturado en Madrid cando rematou a guerra, foi condenado a 30 anos de cadea, mais foi indultado tras cumprir catro, en 1943. Cando recuperou a liberdade agochouse baixo a aparencia dun traballador nun hospital"El último guerrillero antifranquista. Homenaje a El Piloto, muerto hace hoy 21 años", artigo de Ernesto Pombo en El País, 10 de marzo de 1986 . até que en 1945 decidiu regresar a Galicia. Na clandestinidade continuou coa súa actividade política como militante do PCE. Á súa chegada a Galicia entrou deseguido en contacto cos guerrilleiros e botouse ó monte no verán de 1945. Deseguida formou a súa propia unidade xunto a Xosé Arias Fernández, Cristo, composta de desertores do exército e da mariña franquista.
En 1946 batían unha zona amplísima da liña Castroverde-O Corgo-Sobrado que chegaba até Asturias e León, pola comarca dos Ancares (Pedrafita do Cebreiro, Paradela, Vilar de Frades, Becerreá, Toldaos, As Nogais, San Román de Cervantes, Noceda e Navia de Suarna). Por esta zona colaborou coa partida de Antonio Fernández Crespo Fuenteoliva. Neste ano, trala detención dun gran número de militantes lucenses da resistencia antifranquista, trasladou a súa zona de acción ó sur da provincia,http://nodo50.org/foroporlamemoria/documentos/2005/ultimomaquis_09032005.htm cara á zona de Monforte de Lemos-Quiroga-río Sil, que atravesaban decote para atacar no norte da provincia de Ourense.
O 27 de maio de 1954, nun duro encontro, perdeu á meirande parte dos seus homes na zona de Paradela (ó norte de Monforte de Lemos), o que o obrigou a estar inactivo entre 1955 e 1956. Despois estivo inactivo e á espera, facendo de cando en vez un golpe económico (atraco). Reapareceu na mesma zona en 1964, mais foi recoñecido por un antigo compañeiro do servizo militar no Saviñao, e foi denunciado. O 10 de marzo de 1965, preto do encoro de Belesar, foi abatido pola Garda Civil de Chantada.
En 2015 estreouse o documental O Piloto, con guión de Afonso Eiré e dirección de Xosé Reigosa.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Benigno Andrade García
Ligazóns externas Páxina web dun artigo en memoria de Xosé Castro Veiga.
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados no Corgo Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes