Nicanor Parra Sandoval, nado en San Fabián de Alico o 5 de setembro de 1914 e finado en Santiago de Chile o 23 de xaneiro de 2018, foi un poeta chileno. A el atribúeselle a antipoesía, unha expresión literaria que rompe cos canons tradicionais da lírica. Unha das súas obras máis recoñecidas é Poemas y Antipoemas, onde substitúe unha sintaxe coidada e metafórica por unha linguaxe cotiá e directa.

Nicanor Parra é membro da Familia Parra, composta por recoñecidos artistas populares en Chile, entre eles Roberto, Violeta e Eduardo ("Lalo").

Traxectoria

Fillo de Rosa Clara Sandoval Navarrete, crece nun ambiente artístico. Desde pequeno alternou a súa residencia entre Santiago, Lautaro, Ancud e Chillán.

En 1927, ingresou no Liceo de Homes de Chillán, onde cursou ata o Quinto Ano de Humanidades. En 1932, fuxiu da casa rumbo a Santiago, onde cursou o último ano de educación secundaria no Internado Nacional Barros Arana, grazas a unha bolsa da Liga de Estudantes Pobres. Aí coñeceu a Jorge Millas, Luís Oyarzún e Carlos Pedraza, cos cales tivo grande afinidade artística. O ano 1933, o poeta ingresou ao Instituto Pedagóxico da Universidade de Chile co fin de estudar Matemáticas e Física. Tamén tomou Enxeñería, Dereito e inglés, pero pronto os abandonou. Financiou os seus estudos desempeñándose como inspector do INBA (Internado Barros Arana) e foi alí cando en 1935 comezou a publicar na Revista Nueva que fundara xunto a Millas e Pedraza. Nela aparece o seu "Gato en el camino ". O relato circulou entre os inspectores, profesorado e alumnado do Internado.

Regresou do Instituto Pedagóxico en 1937, para desempeñarse como profesor de matemáticas e física no Liceo de Homes de Chillán. O mesmo ano publicou Cancioneiro sin nombre, o seu primeiro libro de versos, onde deixou entrever pegadas da poesía de Federico García Lorca.

En 1938 é galardoado co Premio Municipal de Santiago pola súa contribución á física e a matemática.

En 1943 viaxou aos Estados Unidos de América a estudar mecánica avanzada na Universidade Brown mediante unha bolsa do Institute of International Education. Regresou en 1946 incorporándose á Universidade de Chile como profesor titular de Mecánica Racional. En 1948 foi nomeado Director Interino da Escola de Enxeñería da Universidade de Chile. En 1949 partiu a Inglaterra grazas á bolsa do Consello Británico coa intención de estudar cosmoloxía en Oxford. O seu paso polos Estados Unidos e Inglaterra, particularmente a inmersión na vida cotiá de dúas sociedades desenvolvidas, son fundamentais na xestación dos seus antipoemas.

Volveu a Chile en 1951, casado con Inga Palmén, de nacionalidade sueca. Nos Anais da Universidade de Chile aparece unha selección das súas antipoemas. Logo, en 1952 realizou novos avances na poesía non tradicional, montado xunto a Enrique Lihn, Alejandro Jodorowsky e outros a poesía-mural "Quebrantahuesos", feita con recortes de diarios.

En 1954 apareceu o seu segundo libro: Poemas y Antipoemas. O sistema antipoético inclúe entre os seus elementos un personaxe antiheroico, humor, ironía, sarcasmo e un verso cuxo léxico e sintaxe non obedecen ao modelo literario clásico da poesía, senón á linguaxe cotiá. No seu país, este novo estilo de poesía foi apoiado publicamente polo crítico literario Ignacio Valente, quen resultou ser un dos seus máximos divulgadores.

En 1959 foi invitado ao congreso mundial da paz en Pequín; para alcanzar ata a capital China, viaxa primeiro a Estocolmo, Suecia, debido a que as viaxes aos países do socialismo real, nesa época da guerra fría, eran exhaustivamente controladas polos organismos de seguridade occidentais. Visita a Artur Lundkvist, entón Secretario Permanente da Academia Sueca e na casa deste coñece á escritora, Sun Axelsson, con quen se unirá sentimentalmente e que motivará, logo, a viaxe dela a Chile.

En 1969 recibiu o Premio Nacional de Literatura por todo o seu traballo literario e polo impacto que xerou o seu libro Obra Grosa, que publicou ese mesmo ano.

En 1991, outórgaselle en México o premio Juan Rulfo. Tamén ese ano foi nomeado Doutor Honoris Causa na Universidade Brown, grao que lle conferirían logo tamén as universidades de Concepción en 1996, e do Biobío en 2000.

En 2000, recibiu o Honorary Fellow da Universidade de Oxford. O ano 2001 recibiu o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana, ademais do Premio Bicentenario da Corporación Cultural de Chile e Universidade de Chile.

Tras unha exposición para os medios no Centro Cultural Palacio de La Moneda, en outubro de 2006 presentou o seu novo libro "Obras completas I & algo +" na Feira do Libro de Santiago.

En 2011 foille concedido o Premio Cervantes.

Postulacións ao Nobel

Nicanor Parra foi postulado ao Premio Nobel de Literatura en diversas ocasións, sen ter sido considerado pola Academia Sueca para dito galardón. A primeira postulación oficial producese en 1995, mediada pola Universidade de Nova York. O segundo intento oficial encabezouno a Universidade de Concepción en 1997 e tres anos máis tarde por Machitún-2000, que media a postulación coa Universidade de Chile.

Obras Cancionero sin nombre, 1935 Ejercicios retóricos, 1943 Poemas y antipoemas, 1954 La cueca larga, 1958 Antipoemas, 1960 Versos de salón, 1962 Manifiesto, 1963 Canciones rusas. 1967 Obra gruesa, 1969 Los profesores, 1971 Artefactos,1972. Sermones y prédicas del Cristo de Elqui, 1977. Nuevos sermones y prédicas del Cristo de Elqui, 1979. El anti-Lázaro, 1981 Poema y antipoema de Eduardo Frei, 1982 Cachureos, ecopoemas, guatapiques, últimas prédicas, 1983 Chistes para desorientar a la poesía, 1983 Coplas de Navidad, 1983 Poesía política, 1983 Hojas de Parra, 1985 Poemas para combatir la calvicie, 1993 Páginas en blanco, 2001 Lear Rey & Mendigo, 2004 Obras completas I & algo +, 2006 Discursos de Sobremesa, 2006

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web e Antiweb de Nicanor Parra O Proxecto da Antipoesía de Nicanor Parra Nicanor Parra na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes Nicanor Parra no Retablo de Literatura Chilena da Universidade de Chile A poesía máis relevante de Nicanor Parra. Parte da súa Obra. Nicanor Parra (1914-2018) na páxina de Biblioteca Nacional de Chile. Bibliografía con acceso a obras dixitalizadas.

Categoría:Escritores de Chile Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Premio Cervantes Categoría:Nados na rexión de Ñuble Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Centenarios