O 27 de novembro é o 331º día do ano do calendario gregoriano e o 332º nos anos bisestos. Quedan 34 días para acabar o ano.
Acontecementos 176 - O emperador Marco Aurelio concede ao seu fillo Cómodo o rango de Imperator e comandante supremo das lexións romanas. 1806 - Napoleón Bonaparte decreta o Bloqueo Continental de Gran Bretaña. 1868 - O historiador galego Manuel Murguía é nomeado xefe do Arquivo Nacional de Simancas. 1894 - Alfred Nobel asina o seu testamento no que institúe o fondo que fornecerá os famosos premios Nobel. 1941 - Entrevista entre Adolf Hitler e Ramón Serrano Suñer, ministro de Asuntos Exteriores de Francisco Franco. 1965 - 35 000 manifestantes mostran en Washington a súa oposición á guerra de Vietnam e rodean a Casa Branca.
Nacementos miniatura|100px|dereita|Jimi Hendrix. 1701 - Anders Celsius, astrónomo sueco creador da escala de temperatura Celsius. 1867 - Grigore Antipa, naturalista romanés (m. 1944). 1874 - Chaim Weizmann, químico e político israelí (m. 1952). 1940 - Bruce Lee, artista marcial e actor chinés-estadounidense. 1942 - Jimi Hendrix, guitarrista de rock and roll. 1951 - Kathryn Bigelow, directora de cine estadounidense. 1965 - Xabier Cordal, escritor galego. 1965 - Rachida Dati, política francesa.
Mortes miniatura|100px|dereita|Alexandre Dumas. 511 - Clodoveo I, rei dos francos. 1811 - Gaspar Melchor de Jovellanos, político e escritor español (n. 1744). 1895 - Alexandre Dumas, novelista e dramaturgo francés. (n. 1824). 1938 - Roque Pesqueira Crespo, escritor galego (n. 1865). 1953 - Eugene O'Neill, dramaturgo norteamericano (n. 1888). 1955 - Arthur Honegger, compositor suízo (n. 1892). 1971 - Francisco Javier Sánchez Cantón, historiador galego (n. 1891). 1976 - Xesús Taboada Chivite, arqueólogo e etnógrafo (n. 1907). 1978 - Harvey Milk, político e activista norteamericano (n. 1930). 2014 - P. D. James, escritora inglesa (n. 1920). 2015 - Xosé Neira Vilas, escritor galego (n. 1928). 2021 - Almudena Grandes, escritora española (n. 1960). 2023 - Miguel López (Hematocrítico), mestre, humorista e escritor galego (n. 1976).
Festas e celebracións Día do Mestre . Día das Persoas sen Fogar
Calendario litúrxico Na Igrexa católica Nosa Señora da Medalla Milagrosa (advocación da Virxe María). Santo Acario de Noyon, bispo. Santo Apolinario, abade de Montecassino. Santos Facundo e Primitivo, mártires. Beato Bartholomaeus Seki, mártir. Beato Bronisław Kostkowski, mártir.
Outros
Os 366 días do ano
Notas
Categoría:Novembro