Fernando Trueba, nado en Madrid o 18 de xaneiro de 1955, é un director de cine español. É irmán do guionista, director e produtor David Trueba.
Biografía
Iniciado como crítico de cine e guionista, deuse a coñecer coa súa primeira película, chamada oportunamente Ópera prima (1980), á que seguirían outras entre as que cabe salientar Sé infiel y no mires con quién (1985) protagonizada por Ana Belén, Carmen Maura e Antonio Resines entre outros.
Dirixiu para televisión a serie La mujer de tu vida, e en 1992 chegaría o grande éxito da súa película Belle Époque, que foi galardoada con tres premios Goya: mellor película, mellor director e mellor actriz (Ariadna Gil). En 1993 foi galardoada esta mesma co premio á mellor película estranxeira dos oscars dos Estados Unidos.
Posteriormente rodaría películas coma Two Much (1995) con Antonio Banderas e Melanie Griffith, La niña de tus ojos (1998), con Penélope Cruz, ou El embrujo de Shanghai (2003), onde traballou unha vez máis dirixindo a Ariadna Gil, a muller do seu irmán David.
O seu último traballo como director ata o momento foi o documental El milagro de Candeal (2004), coa participación do músico brasileiro Carlinhos Brown e centrada precisamente no lugar onde naceu este. Ten anunciado un próximo proxecto baixo o título Haunted Heart e previsto para o ano 2009.
Ten unha produtora, Fernando Trueba Producciones Cinematográficas S.A., responsable de varias das súas películas, así como das do seu irmán (como Obra Maestra, 2000 ou Bienvenido a casa, 2006) e doutros proxectos como a serie televisiva de Telecinco Ellas son así, emitida no ano 1999.
É autor do libro Dicionario de cine (1997) e está casado coa produtora Cristina Huete.
No que atinxe ao cinema galego, xa en 1976, antes, pois, de filmar a súa Ópera prima (1980), foi axudante de dirección d'O cadaleito, curtametraxe de Enrique R. Baixeras con guión do dramaturgo Francisco Taxes.
Filmografía Ano Película 2016La reina de España2012El artista y la modelo2010Chico y Rita2009El baile de la Victoria 2004 El milagro de Candeal 2002 El embrujo de Shanghai 2000 Calle 54 1998 La niña de tus ojos 1994 Two Much 1992 Belle Époque 1989 El sueño del mono loco 1986 El año de las luces 1985 Sé infiel y no mires con quién 1983 Sal gorda 1980 Opera prima
Premios Premios Goya Como mellor director:
1990 - El sueño del mono loco 1993 - Belle Époque 1999 - La niña de tus ojos
Como mellor película de animación:
2011 - Chico y Rita
Premios Oscar Oscar á mellor película estranxeira:
1994 - Belle Époque
Medalla do CEC ao mellor director
1992 - Belle Époque
Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1955 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid