Alatriste é unha película de cine española dirixida por Agustín Díaz Yanes, e baseada no protagonista dunha serie de novelas escritas por Arturo Pérez-Reverte, Las aventuras del capitán Alatriste.

É a película máis cara da historia do cine español (uns 24 millóns de euros). A produtora estadounidense 20th Century Fox comprou os dereitos da película.

Ten un amplo elenco de actores encabezado por Viggo Mortensen no papel protagonista de Alatriste e do que tamén forma parte cunha pequena intervención o actor galego Luis Zahera.

O 15 de setembro de 2006, a Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España elixiu a Alatriste (xunto con outras dúas películas) como candidata para competir polo posto de representante española nos Oscar. Finalmente, foi Volver, de Almodóvar, quen o fixo, aínda que non foi seleccionada.

Elenco de actores principal Viggo Mortensen como Capitán Diego Alatriste. Javier Cámara como Conde-Duque de Olivares. Eduardo Noriega como Conde de Guadalmedina. Juan Echanove como Francisco de Quevedo. Unax Ugalde como Íñigo de Balboa, paxe de Alatriste. Elena Anaya como Angélica de Alquézar. Ariadna Gil como María de Castro, actriz de teatro. Francesc Garrido como o alguacil Martín Saldaña (substitúe a Antonio Resines tras sufrir este un accidente que lle impediu participar). Eduard Fernández como Sebastián Copons, amigo do capitán. Blanca Portillo como o inquisidor Fray Emilio Bocanegra. O director tiña claro desde un principio que este papel sería interpretado por unha muller e moitos espectadores sorprendéronse ó saber que era Blanca Portillo quen estaba detrás deste personaxe. Paco Tous como Xeneral Francisco de Melo. Enrico Lo Verso como Gualterio Malatesta, espadachín italiano. Antonio Dechent como Curro Garrote, compañeiro de Alatriste. Pilar Bardem no papel de monxa. Pilar López de Ayala como muller de Malatesta.

Sinopse

A historia ocorre durante a España Imperial do século XVII. Diego Alatriste é un soldado ó servizo do rei Filipe IV. Atópase na Guerra de Flandres. Ó seu regreso, ve como o Imperio se vai desmoroando por momentos a causa do egoísmo dos gobernantes da época.

A trama da película fai un percorrido por cada un dos cinco libros publicados ata a estrea, mantendo como fío argumental da mesma os personaxes principais.

Premios e nomeamentos

Goya 2006 Categoría Persoa ResultadoMellor películaCandidataMellor actorViggo MortensenCandidatoMellor actor secundarioJuan EchanoveCandidatoMellor actriz secundariaAriadna GilCandidataMellor guión adaptadoAgustín Díaz YanesCandidatoMellor dirección de produciónCristina ZumárragaGañadoraMellor música orixinalRoque BañosCandidatoMellor dirección artísticaBenjamín FernándezGañadorMellor deseño de vestiarioFrancesca SartoriGañadoraMellor fotografíaPaco FemeniaCandidatoMellor montaxeJosé SalgadoCandidatoMellor maquillaxe e peiteadoJosé Luís PérezCandidatoMellor sonPierre GametCandidatoMellores efectos especiaisReyes Abades, Rafael SolorzanoCandidatos

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en IMDb Alatriste, la película — páxina web oficial Capitán-Alatriste Web non oficial da película Ficha, noticias, multimedia en Estrenosdecine.net Crítica da película

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes dirixidos por Agustín Díaz Yanes Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes ambientados en España Categoría:Filmes ambientados nos Países Baixos Categoría:Filmes ambientados no século XVII Categoría:Filmes de capa e espada