John Michael Crichton, nado en Chicago (Illinois) o 23 de outubro de 1942 e finado nos Ánxeles (California) o 5 de novembro de 2008, foi un escritor, produtor e médico estadounidense.

Traxectoria Tras titularse en medicina en Harvard, empezou a súa carreira como escritor, guionista e produtor de cine. Algúns chámano o pai do tecno-suspense.

Vendeu máis de 100 millóns de libros, que foron traducidos a máis de trinta idiomas, converténdose doce deles en películas de cine. Tamén é o creador da serie de televisión Urxencias. Foi a única persoa que tivo o libro número un, a película número un e a serie de televisión número un no mesmo instante.

A súa novela State of Fear, de 2004, pon de manifesto o seu actual activismo escéptico, orientado a denunciar o que el considera o compoñente sensacionalista e relixioso do ecoloxismo, así como a incursión da política no campo da ciencia. É, por exemplo, moi crítico co consenso científico que existe en torno á actual teoría do quecemento global.

Pese á súa predilección polas novelas tecnocientíficas, Crichton carece de formación científica fóra da medicina, e o argumento dalgúns dos seus libros (como a posibilidade de recuperar o xenoma completo dun dinosauro en Jurassic Park ou a ausencia de relación entre o quecemento global e a actividade humana en "Estado de Medo") baséase en supostos científicos desenvolvidos por amigos próximos. Exemplo diso son as teorías matemáticas de Jurassic Park expostas por Alan Grant (paleontólogo no libro). A pesar da credibilidade dos seus argumentos, Michael Crichton especifica nos seus libros que se trata de novelas de ficción, polo que non hai que tomalas ó pé da letra.

En 1994 estreouse o filme Acoso, baseado na súa obra e protagonizado por Michael Douglas e Demi Moore, sendo tamén coprodutor da mesma.

Novelas Ningunha das súas novelas foi publicada aínda en galego.

The Andromeda Strain (1969) The Terminal Man (1972) The Great Train Robbery (1975) Eaters of the Dead (1976) Congo (1980) Sphere (1987) Jurassic Park (1990) Rising Sun (1992) Disclosure (1994) The Lost World (1995) Airframe (1996) Timeline (1999) Prey (2002) State of Fear (2004) Next (2006)

Vida persoal Faleceu de cancroMichael Crichton dies of cancer at 66, The Hollywood Reporter, 5/11/08.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de Michael Crichton

Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2008