O 13 de setembro é o 256º día do ano do calendario gregoriano e o 257º nos anos bisestos. Quedan 109 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1501 - na República de Florencia, Michelangelo comenza os seus traballos na estatua de David. miniatura|100px|Miguel Primo de Rivera. 1788 - Nova York é designada capital dos EEUU. 1922 - No deserto de Libia é rexistrada a temperatura máis alta xamais acadada: 58 °C. 1923 - Golpe de estado en España, dado polo xeneral Miguel Primo de Rivera 1936 - As tropas golpistas do xeneral Mola ocupan Donostia. 1959 - A sonda espacial soviética Luna 2 é o primeiro aparello fabricado polo ser humano que chega á lúa. 1961 - O futuro rei de España, Xoán Carlos anuncia o seu compromiso de voda con Sofía de Grecia. 1993 - É asinada en Washington, D.C. a Declaración de Principios para a autonomía de Gaza e Xericó. Iasir Arafat e Isaac Rabin danse a man.
Nacementos miniatura|100px|Arnold Schönberg. 1088 - Xoán II Comneno, emperador do Imperio bizantino (m. 1143). 1601 - Jan Brueghel o Novo, pintor flamengo (m. 1678). 1688 - María Luísa de Savoia, raíña consorte de España (m. 1714). 1814 - Nicolaas Beets, escritor e teólogo neerlandés (m. 1903). 1818 - Gustave Aimard, pintor francés (m.1883) 1874 - Arnold Schönberg, compositor, teórico musical e pintor austríaco (m. 1951). 1875 - Severino Rivas Barja, político galego (m. 1936). 1876 - Sherwood Anderson, escritor estadounidense (m. 1941). 1883 - Giovanni Pastrone, cineasta italiano (m. 1959). 1886 - Robert Robinson, químico inglés, Premio Nobel de Química en 1947 (m. 1975). 1887 - Leopold Ruzicka, químico croata, Premio Nobel de Química en 1939 (m. 1976). 1903 - Claudette Colbert, actriz estadounidense de orixe francesa (m. 1996). 1906 - Antonio Baltar, médico galego (m. 1970). 1916 - Roald Dahl, escritor galés de ascendencia norueguesa (m. 1990). 1919 - Mary Midgley, filósofa británica (m. 2018) 1922 - Yma Sumac, cantante soprano peruana (m. 2008). 1923 - Aurelio Fierro, actor e cantante italiano (m. 2005). 1924 - Maurice Jarre, músico francés (m. 2009). 1940 - Óscar Arias, avogado e economista costarriqueño, presidente de Costa Rica, Premio Nobel da Paz en 1987. 1941 - Ahmet Necdet Sezer, presidente de Turquía. Tadao Ando, arquitecto xaponés. 1943 - Luis Eduardo Aute, músico, cantautor e pintor español. 1949 - Xosé Manuel Rivas Troitiño, xornalista e escritor galego. 1958 - Robert Millar, ciclista profesional escocés. 1960 - Kevin Carter, fotógrafo surafricano (m. 1994). 1963 - Ana García Lozano, xornalista española. 1973 - Fabio Cannavaro, futbolista internacional italiano. 1982 - Soraya Arnelas, cantante española.
Mortes miniatura|100px|Filipe II de España. miniatura|100px|Xosé Filgueira Valverde.
81 - Tito Flavio Sabino Vespasiano, emperador romano (n. 39). 1591 - Michel de Montaigne, escritor e filósofo francés (n. 1533). 1598 - Filipe II rei de España (n. 1527). 1872 - Ludwig Feuerbach, filósofo alemán (n. 1804). 1928 - Italo Svevo, escritor italiano (n. 1861). 1949 - Schack August Steenberg Krogh, fisiólogo danés (n. 1874). 1987 - Mervyn LeRoy, actor e cineasta estadounidense (n. 1900). 1996 - Xosé Filgueira Valverde, escritor, historiador e intelectual galego (n. 1906). 1997 - Gregorio Sanz, mestre e dinamizador pedagóxico (n. 1900). 1998 - Antonio Núñez Jiménez, científico e político cubano (n. 1923). 2005 - Julio César Turbay Ayala, avogado e político colombiano, presidente de Colombia (n. 1916). 2011 - Richard Hamilton, pintor británico (n. 1922). 2015 - Moses Malone, baloncestista estadounidense (n. 1955). 2016 - Fernando Acuña Castroviejo, arqueólogo galego (n. 1945). 2018 - Mary Midgley, filósofa británica (n. 1919).
Festas e celebracións Día Internacional do Chocolate
Outros Santoral: San Xoán Crisóstomo.
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Setembro