O ano 1 (I) foi un ano común comezado en sábado ou domingo (as fontes difiren) do calendario xuliano, un ano común comezado en sábado do calendario xuliano proléptico, e o primeiro ano Anno Domini ou da era común. É o primeiro ano do primeiro milenio e do século I.
Acontecementos Bohemia - Moravia - Silesia O príncipe dos marcomanos, Marbod, funda o primeiro reino independente dos xermanos de Bohemia, Moravia e Silesia. Marbod posúe unha facultade para a estratexia e a táctica, con iso consegue poñer en pé de guerra a máis de 70 000 soldados de infantaría e 4 000 xinetes. O seu reino convértese nunha ameaza para Roma e as súas aspiracións hexemónicas e expansionistas.
Breves Co emperador Ping principia a era Yuanshi da dinastía Han na China. Segundo outros historiadores, neste ano morre o emperador Ping Ti e sobe ao poder, Wang Mang, (que fora ministro da guerra de Ping dende 8 a. C.), acusado de haber ordenado o asasinato do primeiro. Confucio, recibe, a título póstumo, o seu primeiro título real: Señor de Baochengxun Ni. Introdúcese o budismo na China. A seda fai a súa aparición en Roma. De acordo co Evanxeo de Mateu tivo lugar a masacre dos inocentes. Gaio César é elixido cónsul romano. Ovidio escribe Metamorfoses. Augusto nomea a Ariobazano II como rei de Armenia. Estímanse os comezos da civilización mochica no norte do Perú. Probable estimación na que os hindú-budistas do sueste de Asia comezan a colonizar Sumatra e Xava; citada colonización non rematará ata finais de século.
Nacementos Nacemento de Xesús segundo a tradición cristiá, baseada en cálculos realizados por Dionisio, o Exiguo. Data aproximada do nacemento de Lucio Anneo Séneca, filósofo hispano-romano (m. 65).
Mortes
Outros Imperio Romano Ao longo de todo o século I fanse máis notables os acuedutos. Para levar auga potable, moitas cidades do Imperio Romano tiñan que traela dende distancias a miúdo considerables. O máis antigo acueduto de Roma fora construído por Apio Claudio Caecus (no ano 312 a.C.). Estas primeiras conducións aproveitaban o simple sistema do desnivel, polo que case sempre os construtores tiñan que afrontar grandes dificultades. Os vales eran salvados con canalizacións tendidas sobre a ponte; desta maneira evitábase que a presión da auga fose forte. Os acuedutos romanos eran obras mestras da arquitectura técnica. Co fin de logra-la altitude e estabilidade desexada, poñíanse varios pisos de arcadas; polo que os arcos, superpostos, apuntalábanse na construción xa que aínda non se dominaba a técnica dos piares de grande altitude.
Véxase tamén
Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1