Samuel Hopkins Adams, nado en Dunkirk (Nova York) o 26 de xaneiro de 1871 e finado en Beaufort (California) o 15 de novembro de 1958, foi un escritor e xornalista estadounidense.
Traxectoria Entre 1891 e 1900 foi reporteiro do New York Sun. En 1900 entrou no McClure's Magazine, onde gañou grande reputación cos seus artigos sobre a situación da saúde pública norteamericana. En 1905 escribiu unha serie de 11 artigos para o Collier's Weekly co título de The Great American Fraud (A gran fraude americana), onde analizou os compoñentes dalgunhas das medicinas máis populares do país, descubrindo que moitas das compañías farmacéuticas falseaban as propiedades de moitos dos seus produtos, mesmo ata ao punto de ser prexudiciais nalgúns casos. A serie tivo un grande impacto na opinión pública e permitiu a aprobación da lei coñecida como Pure Food an Drug Act en 1906 (aínda que en 1911 se derrogase parcialmente).
Obras Revelry, 1926 a súa novela máis coñecida, baseada nos escándalos do goberno de Harding. The Flagrant Years, 1929 Incredible Era, 1939, biografía de Harding It Happened One Night, 1933 The Harvey Girls, 1942 Grandfather Stories, 1955 Tenderloin, 1959
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Chautauqua, Nova York Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1958