San Xoán de Romariz é unha parroquia do concello de Abadín na comarca da Terra Chá. En 2025 tiña 123 habitantes (59 homes e 64 mulleres), segundo datos do IGE. Isto supón un descenso de poboación respecto a 2015, cando tiña 147 habitantes (68 homes e 79 mulleres).

Xeografía Ten unha superficie de 16,49 km². Limita ao norte coas freguesías de Labrada e Nosa Señora dos Remedios de Mondoñedo, ao sur con Quende, ao leste con Quende e Sasdónigas, e ao oeste con Fanoi e Labrada. Pertence ao arciprestado de Mondoñedo, ten 12 entidades de poboación e 15 lugares cunha densidade de 7,46 hab./km² (2025).

As entidades de poboación son Os Ares (14), A Riba (5), O Barreiro (1), O Bidueiro (13), O Cepo (8), Choi (abandonado), O Cruceiro (26), O Curraíño (11), Os Currás (2), Espiñarcao (35), A Valiña de Freire (2) e A Valiña (6). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son Os Anellos, As Cabeceiras, A Campa Vella, O Concello, O Costeiro, A Fieitiña, A Fonte, A Fraga Vella, Lama Grande, A Pedreira, Porto do Río, Os Regos, O Requeixo, A Rúa e As Samargosas.

Historia O curato pertenceu a viacría da Maestrescolía de Mondoñedo. A herdade de Choi foi concedida polo abade de Lourenzá, frei Romero, en 1207 a dez poboadores.

Patrimonio Igrexa posiblemente do século XIII. Romariz conta cun cruceiro realizado en granito. Cruz de remates florenzados coa figura de Cristo no anverso; capitel con anxos os lados e volutas nas esquinas; fuste poligonal con figura de San Xoán o Bautista na parte superior, e atributos da Paixón; base o seu tronco-piramidal; con inscricións, sobor plataforma con 3 chanzos cuadrangulares.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Romariz

Parroquias de Abadín miniatura|As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Abadín

Categoría:Parroquias de Abadín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Xoán o Bautista